A UE pagará 3.000 millóns de euros e comprometese a acelerar o achegamento, a cambio de que Ankara accepte a volta de todos os migrantes que cheguen ás illas gregas.
Que acordaron?
Todos os “emigrantes irregulares” que cheguen ás illas gregas desde Turquia a partires do 20 de març serán devoltos a Turquía, incluindo os refuxiados que fuxen de guerras ou persecución como os migrantes económicos e non terán en conta a nacionalidade de orixe. Deslocaranse axentes turcos ás illas gregas e axentes gregos á costa turca.
Durante canto tempo?
O documento de acordo fala dunha “medida temporal e extraordinaria para pór fin ao sufrimento dos seres humanos e restablecer a orde”
É legal o acordo?
Os gobernos europeos consideren que é oorque todos os migrantes poderán solicitar asilo e as súas peticións hanse estudiar individualmente. Afirman que a lexislación europea e internacional permite denegar estas peticións e retornar os solicitantes de asilo a un terceiro país se este é considerado seguro.A ACNUR, a xencia da ONU para os refuxiados, colaborará nos retornos, que pagán as institucións europeas.
É Turquía un país seguro?
A Grecia como a Turquía deberán aprobar reformas exprés para asegurar que o acordo cumpre coa lexislación internacional. A Unión Europea celebrou que Turquía se teña comprometido a “protexer de acordo co estándares internacionais os migrantes retornados”. Amnistia Internacional, alertou que “Turquia non é un país seguro para os refuxiados e os migrantes,e calquer proceso de retorno alicerzado na idea que o é será ilegal e inmoral”.
Acollirá refuxiados a Unión Europea?
No caso de cidadáns sirios, mantense a fórmula de un por un. Para cada refuxiado sirio que sexa retornado a Turquía outro será trasladado legamente de Turquía a un país da UE. Segundo as cotas que previamente comprometera a UE até 72.000 sirios seran recololocados por este procedemento. De chegaren máis refuxiados ás illas gregas, considerarase que Turquia non cumpre a súa parte e o acordo revisarase. Os refuxiados que non tentaran a travesía a Grecia terán prioridade no reasentamento.Turquía, compre telo en conta, acolle 2,5 milions de refuxiados sirios.
Que gaña Turquía na troca?
A Unión Europea comprométese a acelerar os planos para permitir aos turcos entrar na zona Schengen sen visado a partires de xuño, “sempre que Turquia acade todos os obxectivos”. Na práctica é moi dificil que o goberno de Ankara cumpra cos 72 requerimento da UE.
Aceléranse tamén os trámites para pagar 3.000 millións de euros a Turquia polos costos de acollida de refuxiados, dos que Ankara terá de presentar unha listaxe de proxectos específicos. A Unión Europea comproméstes a “acrescentar o teito do financiamento até 3.000 millóns máis até 2018 ” unha vez esgotado o primeiro pacote. Turquia enceterá unha nova xeira no seu proceso de adesión á UE, da que é aspirante dende 2005. En atención a Chipre, que tén un vello conflicto con Turquía e que tiña ameazado con exercer o dereito a veto, clarexase que o proceso de adesión “non será en prexuizo ás posicións dos estados membros de acordo coa normativa existente.”
Tres centros de acollimento diferentes, no distrito de Gaziantep, na Turquia.
[youtube]https://www.youtube.com/watch?v=KZmRUcDTx8s[/youtube]
© European Union 2016
Ao mellor tamén che interesa:
Concentración en contra do acordo UE-Turquía que afecta aos refuxiados
A crise de refuxiados non é o problema
Turquía ergue un novo muro no Curdistán
Máis de 150 crianzas refuxiadas morreran nas augas do Exeo perante a indiferencia dos gobernos
Indiferencia europea e estados petroleiros que non acollen refuxiados sirios
Caos, sufrimento e morte nas portas de Europa. Tampouco agora é unha prioridade ?