off
Cedeira, Política local, Sen categorizar — 17 Marzo, 2016 at 4:55 p.m.

Moreda acusa a Podemos-Cedeira de tratar de manipular os veciños

by

O alcalde de Cedeira, Pablo Moreda Gil, sae ao paso das críticas feitas desde Podemos Cedeira en relación ao servizo de aluguer de bicicletas. Podemos acusara ao responsable municipal de asumir un proxecto que no seu momento foi obxecto de críticas por parte do PSOE cando estaba na oposición.


Ollaparo_Bici01En comunicado de prensa, o rexidor municipal puntualizou que se trata dunha iniciativa do goberno anterior, que se levou a cabo con cartos do Plan de Compensación Ambiental da Xunta e que, aínda que se tentou empregar o diñeiro noutra actuación, foi imposibel.

O Concello tivo que asumir un servizo que, nun primeiro momento, mesmo cuestionou o propio interventor municipal polas moitas deficiencias detectadas. A día de hoxe os problemas que houbo no sistema de anclaxe e os erros que deron as tarxetas xa non existen, polo que o alcalde asegurou que, unha vez sexa aprobada a ordenanza reguladora do aluguer de bicicletas, entrará en funcionamento.

Pablo Moreda (PSOE) acusa aos representantes de Podemos en Cedeira de tratar de manipular á opinión pública con mentiras, polo que considera que antes de criticar ou poñer en cuestión o traballo que se fai desde o grupo de goberno tería sido mellor informarse. Tampouco entende como se pode lanzar unha mensaxe equívoca á xente sen antes tratar de buscar a verdade con aquelas persoas sobre as que se están a botar as criticas. O alcalde afirmou que “o que non se pode facer é andar manipulando a verdade”.

A posta en funcionamento do servizo deu comezo poucos meses despóis da chegada do PSOE, BNG e Anova ao Concello, se ben a xestión e materialización do proxecto hai que situalas no ano 2014 coa a primeira axuda que recibe o goberno do PP para a súa execución. O importe da mesma foi de 25.410 euros, diñeiro que se empregou na compra de 15 bicicletas e na construción de tres bases. Con cargo a unha segunda subvención, neste caso da Deputación, o Concello ampliou o servizo con cinco unidades máis e tres novos anclaxes. Nesta ocasión invertíronse 11.132 euros.

Axencia:Pilar Cotovade.Pingota Comunicación

 

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: