off
Cedeira, Desporto Cedeirense — 16 Marzo, 2016 at 11:04 a.m.

XV Festa do Deporte de Cedeira

by

Mañá venres 18 de marzo, Cedeira entregará os premios aos mellores deportistas na XV Festa do Deporte de Cedeira . A gala do deporte comezará ás 20.30 horas no pavillón polideportivo municipal


Celebrarase no pavillón polideportivo municipal a XV Festa do Deporte de Cedeira, na que se fará entrega do premio ao mellor deportista do ano, dos máis destacados nas distintas disciplinas e tamén dunha serie de mencións especiais. Por obter o galardón principal compiten, a proposta dos clubs cedeireses, o equipo de remo formado por Raúl López Iglesias e Marcos Pernas Piñón, que na categoría de doble scull foron campións de España e de Galicia en remo olímpico; o nadador Manuel Ribeiro Leonardo, campión galego en 100 e 200 metros braza; e a triatleta Inés Graña González, campiona galega de triatlón alevín e ouro no ranking galego deste deporte.

Remo

Xunto con Raúl López e Marcos Pernas, elixiuse a Noemi Martínez Piñón (medalla de prata en Remo Olímpico Galego e 11ª no campionato de España.

Natación

A máis de Manuel Ribeiro, foron escollidas Ainhoa García Barreiro -campiona galega en 100 metros espalda- e Elsa López Lourido -subcampiona na mesma especialidade-; e en triatlón, xunto a Inés Graña, nomeouse a Juan Francisco Pérez Pérez, subcampión galego de 100 metros espalda no Campionato Galego Alevín de Natación e vixésimo no de Triatlón.

Futbol

O club de fútbol elixiu a Laura Rodríguez Caneiro, subcampiona galega de fútbol femenino coa selección de Ferrol.

Atletismo

Os premios serán para Andrea López López, ouro en 3.000 metros no Campionato Intercomarcal de Pista e prata no de Campo a través; e para o equipo alevín masculino formado por Jesús López, Fabio Sousa, Lois Blanco, Ángel Breijo e Iván González, que foron segundos no Intercomarcal de Campo a través.

Bádminton

Recoñecerase o traballo de Daniel Montero Cotelo e Marta García Pérez, un equipo mixto que resultou subcampión galego de sub15 e, na especialidade de deportes adaptados, o premio será para a deportista de Apader Pamela Lafuente Agrasar, que destacou en distintas disciplinas -campiona na Copa de Galicia de Fútbol Sá, subcampiona no Special Olympics de baloncesto, primeira en 25 metros libres de natación e campiona autonómica en 4×50 metros libres de atletismo-.

Taekwondo

Xan Rodríguez Caridad, subcampión galego de promesas junior, será nomeado o mellor deportista de taekwondo.

Alén destas modalidades deportivas, Borja Rodríguez Guergué, campión galego de andadura galega na modalidade de catro tempos, é o de hípica deportiva galega; Nerea Casas Yáñez, a primeira menor feminina en obter o cinto negro en Cedeira, en kárate; e Daniel Georgescu, campión da Copa Deputación de full contact, en kick boxing. A Sociedade de Caza e Pesca elixiu a Fabián Barge Vilela, campión galego de caza de arcea como mellor deportista nesta especialidade, mentres que en baile deportivo foi Fernando Loureiro Domínguez -quinto no ranking nacional de baile latino estándar e segundo no galego- o escollido.

Mencións especiais

No eido da ornitoloxía deportiva, José Antonio García Villar, campión de España e do mundo. Na gala recoñecerase ao primeiro equipo que hai 50 anos acadou unha medalla para Cedeira en remo. Un equipo  formado por Aselmo Muíño, Xosé Antón Muíño, Manuel López Pintos, Xosé Manuel Torres López e Francisco Martínez Nebril.

En bádminton,  equipo veterano, que ten varios campionatos e que está formado por dous matrimonios: Juan Antonio Rodríguez Bustabad e Hilda Martínez López, e Santiago Freire Loureiro e Dolores López Lorenzo.

O Club Polideportivo Apader será recoñecido polos seus vinte anos en competición

En Atletismo, mención especial tamén para José Ángel López Villar, campión galego en varias modalidades. Manuel García Iglesias, nadador e rescatador do Helimer Galicia, que pertenceu sempre ao club cedeirés de natación e que este ano participou no salvamento de once mariñeiros na costa da localidade, no que chegou a estar el mesmo desaparecido, por fortuna cun final feliz. Representantes da corporación, entre eles ademais do alcalde o concelleiro de Deportes, Nicolás Vergara, e dos clubs cedeireses estarán na entrega destes premios. Na festa non faltarán as actuacións do premiado en baile latino, Fernando Loureiro, e da Escola Municipal de Xiomnasia Rítmica.

Nota de prensa:Pingota Comunicación

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off