off
Movementos sociais, Política, Politica internacional — 15 Marzo, 2016 at 10:33 a.m.

Concentración en contra do acordo UE-Turquía que afecta aos refuxiados

by

Convocada polos sindicatos CIG, CCOO, e UXT, convocan para o mércores 16 de marzo, ás 20:00, diante do edificio da Xunta na Praza de España de Ferrol.


Ollaparo_siriaUn acordo ilegal e inmoral que atenta contra os dereitos humanos que é con clareza unha violencia que pode tornarse dominante a partires do momento en que sexa ratificado o acordo entre a Unión Europea  e a Turquia con vista a controlar o fluxo migratorio que non cesa nen cesará de chegar ao continente europeo, o maior desde a Segunda Guerra Mundial.

Basicamente, este acordo consagra unha a troca de migrantes por migrantes – por cada refuxiado considerado ilegal devolvido á Turquia, a UE comprometese a aceitar outro que Ankara lle mande e que teoricamente preencha as condicións legais requeridas. Todo por un prezo de 6 mil millóns de dólares pagos á Turquia, a par da reabertura das negociacións de adesión á UE que estaban conxeladas e ainda a aceptación dos turistas turcos polos paises europeos sen necesidade de visto.

De acordo con Human Rights Watch, entre 400.000 a 700.000 crianzas sírias en idade escolar a viver na Turquia non frecuentan ningunha escola

Os sindicatos galegos siguen o vieiro trazado por Amnistia Internacional cando considerou o entendimento a chegaran Bruxelas e Ankara expresión de “unha actitude deshumana que pode ferir de morte o direito de asilo. A idea de trocar refuxiados por refuxiados  – dicía Iverna McGwan, dirixente da Amnistia Internacional na Europa – é non só perigosamente deshumanizante como non trae unha solución de longo prazo para a crise humanitária en curso.”

 

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: