off
Agro, Meio ambiente, Natureza — 26 Febreiro, 2016 at 8:59 a.m.

Stop Velutina, un programa da AGA ante a falta dunha actuación decidida da Xunta

by

AGAAsociación Galega de Apicultura porá 50.000 € de fondos propios para ensaiar un programa de erradicación en marzo, ante o avance exponencial da Vespa velutina e  a falta dunha actuación decidida dos poderes públicos que terían o deber de poñerse ao frente da loita polo control desta especie invasora, sen avances certos nas investigacións e sen unha coordinación necesaria.

AGA tomou a decisión de enfrentarse directamente a predación da avespa asiática, Vespa velutina, escomenzando con medios propios e contando cos seus  asociados e asociadas. AGA organizará  a loita coa axuda doutros colectivos locais, concellos, cidadáns e con calquera outra entidade que queira colaborar. “Escomenzaremos a traballar esta primavera co programa de investigación Stop Velutina, elaborado dentro da asociación en colaboración coas universidades, técnicos do sector e apicultores/as”, afirman fontes consultadas.

O programa Stop Velutina alicerza na captura masiva de  raíñas fundadoras, contando co participacións dos seus  500 socios/as que distribuirán 3.000 trampas cos seus atraíntes e aplicarán método de seguimento do período de colocación das trampas, de marzo a xuño,  e da renovación do atraínte (cada 2 semanas aproximadamente) e do envio e comunicación dos datos recollidos.

A máis, un programa de investigación aplicada permitirá diagnosticar os mellores métodos de captura e control da Vespa velutina co menor impacto posible sobre outros polinizadores.

Este programa será coordinado pola  Doutora Sandra Rojas Nossa da Universidade de Vigo, apicultora e socia de AGA e o equipo de traballo estará constituido por socios e socias das 11 delegacións comarcais, DAGAS, que se comprometerán a realizar os traballos de campo propostos no programa de control e cuxos datos serán tratados na Universidade de Vigo como entidade colaboradora, para ter conclusións da súa eficacia. O programa e os seus contidos iranse actualizando e completando a través da web de AGA


Máis información

Email: velutinaengalicia@hotmail.com Tel.: 981 589 534


Ao mellor tamén che interesa:

Trampa para vespa velutina

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off