off
Globalização, Movementos sociais, Política — 24 Febreiro, 2016 at 10:13 a.m.

Anistia internacional denuncia a “lei mordaza” do estado español e o encarceramento dos titeriteiros

by

Denuncia tamén as campañas “draconianas e represivas” dos estados en nome da seguranza e identifica Francia como  paradigma das más prácticas, que se teñen reproducido en outros paises da contorna: alargar a emerxencia, prolongar o perido de detencón de sospeitosos de terrorismo ou alargar tamén os poderes dos executivos para interceptar as  comunicacións dos cidadáns.Critica a España por medidas como a “lei mordaza” e  o encarceramento dos titeriteiros.


anistiainternacionalA impunidade preocupa á ONG dos dereitos humanos. No seu Informe España 2015-2016 afirma que a “liberdade de reunión restrinxeuse por novas disposicións lexislativas, casos de maus tratos, uso excesivo da forza por parte dos funcionarios da policía, expulsións colectivas e abuso de forza contra persoas que trataban de entrar de forma irregular en Ceuta e Melilla e a retirada de asistencia sanitaria a perto de  75.000 immigrantes.
Desde a entrada en vigor da reforma do Código Penal e unha nova Lei de Seguridade Cidadá limitáranse de forma desproporcionada o exercicio lexítimo dos dereitos á liberdade de expresión e de reunión pacífica. A Lei de Seguridade Cidadá establecía límites sobre onde e cando estaban permitidas as manifestacións, e sancións adicionais para quen celebrasen manifestacións espontáneas fronte a certos edificios públicos. Ademais, dotaba aos axentes de policía de amplas competencias para multar a persoas que lles mostrasen “faltas de respecto”. Tamén tipificaba como delito a difusión de imaxes de axentes de policía en determinadas circunstancias.
En xullo, o Comité de Dereitos Humanos da ONU expresou a súa preocupación polas repercusións da Lei de Seguridade Cidadá
O Comité da ONU contra a Tortura expresou a súa preocupación pola continuidade da detención en réxime de incomunicación e recomendou que España mudara  a definición da tortura na súa lexislación e que pescudara de forma efectiva todas as denuncias de tortura e outros maus tratos.
O Comité de Dereitos Humanos instou a España a cumprir o principio de non devolución (non-refoulement) e a proporcionar acceso a procedementos efectivos de concesión de asilo.
No verán arquivouse a pescuda en Melilla sobre o caso dun emigrante que fora obxecto de devolución sumaria a Marrocos en outubro de 2014 cando tentaba cruzar a fronteira entre Marrocos e Melilla. O tribunal non puido solicitar testemuños doutros emigrantes, xa que tamén foran expulsados colectivamente na mesma operación policial. Axentes da Garda Civil mallaron no home e despois levárono inconsciente até o lado marroquí da fronteira. A pesar de existir probas en vídeo, o Ministerio do Interior afirmou que non era posibel identificar aos axentes implicados. Ao rematar o ano estaba pendente a resolución dun recurso contra o peche da investigación.
A reforma en outubro da Lei de Enxuizamento Criminal non eliminaba o uso da detención en réxime de incomunicación, malia que varios organismos internacionais de dereitos humanos sinalaran con preocupación que este tipo de detención incumpría as obrigas internacionais do estado español. Os avanzos limitáranse a excluír as persoas menores de 16 anos da aplicación do réxime de detención incomunicada.

En xullo, o Comité de Dereitos Humanos recomendou mais unha vez que España ofrecese un remedio efectivo a Ali Aarrass polas torturas e malos tratos que sufrira en Marrocos. España extraditárao alí en 2010, a pesar de que se temía que puidese sufrir tortura e a que o Comité solicitara preventivamente que non levase a cabo a expulsión mentres examinaba o caso.

O mesmo mes modificáronse varios artigos do Código Penal relativos aos actos de terrorismo, incluída a definición destes actos, que pasou a ser máis ampla. O relator especial da ONU sobre a liberdade de expresión sinalou que estas modificacións podían penalizar comportamentos que non constituirían doutro xeito terrorismo e xera a imposición de restricións desproporcionadas sobre o lexítimo exercicio da liberdade de expresión, entre outras limitacións.

 

A nova Lei de Seguridade Cidadá establecía que a policía debía realizar os controis de identificación sen discriminar por razóns de orixe étnica ou por calquera outro motivo.

 

O goberno de Rajoy creou un observatorio contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero para recibir denuncias de vítimas e testemuñas e proporcionar unha resposta rápida aos actos de discriminación por estes motivos.

Porén, segundo dados do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, 56 mulleres perderan a vida a mans das súas parellas ou ex parellas até mediados de decembro.

Se ben o Comité da ONU para a Eliminación da Discriminación contra a Muller instou a España a garantir que todas as mulleres vítimas de violencia de xénero tivesen acceso a reparación e protección, que os funcionarios que as atendían contasen coa formación adecuada e que se axuizase aos responsables, ao rematar o ano, o goberno seguía negándose a proporcionar reparación a Ángela González Carreño, vítima de violencia de xénero cuxa ex parella matara á filla de ambos en 2003. Aínda que denunciara episodios anteriores de violencia no ámbito familiar, non recibira unha protección adecuada.

O Comité de Direitos Humanos recomendou a España que se asegurase de que ningunha barreira legal obrigaba ás mulleres a recorrer ao aborto clandestino, que puña en perigo a súa vida e a súa saúde.

A aprobación en setembro da lexislación que obrigaba ás menores de 18 anos e ás mulleres con discapacidade intelectual a obter o consentimento do seu pai, nai ou titor para acceder a servizos de aborto seguros e legais, restrinxe na práctica o acceso de mulleres e nenas a estes servizos segundo valoración do Comité para a Eliminación da Discriminación contra a Muller como o Grupo de Traballo da ONU sobre a Cuestión da Discriminación contra a Muller na Lexislación .


 Ao mellor tamén che interesa:

Liberdade de expresión ou liberdade para expresar só aquilo que se quere escoitar?

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off