off
Galiza, Mar e Pesca, Movementos sociais — 23 Febreiro, 2016 at 8:42 a.m.

Contra a Lei de Acuicultura

by

Expresar adhesión ou solidariedade coa Manifestación do 27 a favor do sector pesqueiro e contra dunha Lei de Acuicultura que só beneficiará ás multinacionais do sector non precisa de ningunha axencia de comunicación. O muito chorar nas tabernas acaba aburrindo a chocos e xibas afeitas que están a estratexia de chimpar tinta cando usmen o perigo. Mas que facer cando do que se trata é defender o mar? Non deberían participar todos o sectores e todas as artes, os das baixas e os das altas?

En tanto o sector pesqueiro das Rias Baixas se organiza de cara a grande manifestación do dia 27 en Compostela contra a Lei de Acuicultura impulsada desde a Xunta de Galiza con criterios neoliberais, quer dicer, privatizando o mar e favorecendo a acuicultura multitrófica baseada nun modelo intensivo a escala industrial que integra a crianza de varias especies na mesma instalación con incerto impacto contaminante, moitas confrarías, organizacións e cabildos das Rias Altas e Ortegal ainda non explicaran as razóns do seu silencio ou aquelas que lle expliquen aos cidadáns porque non se teñen sumado xa á protesta malia a Xunta Xeral Extraordinaria do 23 de xaneiro da Federación de Confrarías ter manifestado por unanimidade o seu rexeitamento ao Anteproxecto de Lei de Acuicultura de Galicia que presentou a Consellería do Mar. Dos 57 asistentes só houbo unha abstención.

Unha resposta unánime e de país fronte unha Lei que se elaborou á marxe dos sectores produtivos e das comunidades reibeiriñas e que mesmo está a ser rexeitada nos cabildos polo PP.  Sendo asi, costa entender porque as confrarías e cabildos das  Rias Altas, Ortegal e A Mariña non teñan articulado a protesta e o desprazamento á capital galega co fin de forzar ao goberno galego a recapacitar e considerar ao sector implicado.

Nin as Rias Altas, nin o Ortegal nin a Mariña poden ficar a marxe do modelo especulativo que implanta esta Lei de Acuicultura cando por outra banda se tiran adiante proxectos sustentábeis como a Reserva de Interese Pesqueiro Ría de Cedeira que fican así desacreditados e en caso de aplicarse esta Lei ficaría pura cosmética, submetidos a unha contorna  que os faría inviables. Neste coma noutros temas, fanos padecer o silencio de quen non debera calar. Acaso non hai motivos suficientes nas Rias Altas para crear unha  Plataforma conxunta de adhesión e de apoio ao sector?

 


Xa está activada unha petición online, a través de Change.org, que pide a retirada do proxecto, e que arestora supera  as 4.600 sinaturas.

 

leiacuicultura_manifestacion

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off