off
Política, Politica espanhola — 17 Febreiro, 2016 at 9:02 a.m.

O Estado plurinacional segundo Podemos non recolle as cinco propostas de En Marea

by

A  contraproposta de máximos que vén de colocar sobre a mesa desenvolve por primeira vez como debería ser o estado plurinacional que Podemos reivindicou sen concretar durante a campaña eleitoral.  Beiras achas que a ausensia de Galiza no documento de Podemos se debe a problemas de “conexión de En marea con Podemos. 


O pasado 22 de xaneiro Iglesias sorprendia ao PSOE cunha oferta para formar un “goberno de mudanza” xunto con IU, no que a cuestión territorial debería abordarse cun ministerio da Plurinacionalidade que encabezaría  Xavier Domènech (En Comú Podem). Na contraoferta de Podemos ao PSOE fixase pola primeira vez as funcións deste ministerio e desenvolvese en seis páxinas a aposta de Podemos para “seducir o independentismo”. A proposta non recolle as cinco condicións anunciadas por En Marea hai tres dias (ENCE, Lei de Financiamento Local, novo acordo lácteo e solución para o cerco). Velaquí a proposta:

Referendo

Unha convocatoria “imprescindibel”

Un referendo vinculante e previo á reforma constitucional. Eís o que Podemos acha “imprescindibel” para solucionar o choque Catalunya-España. Apela ao amparado do artigo 92 da Constitucións para convocalo con “garantias democráticas, xurídicas e loxísticas”. Para esa fin a pregunta debería ser “única e clara”e ter  como obxectivo “fixar a posición da cidadanía catalana sobre o futuro político de Catalunya”. É a primeira vez que Podemos acha  “imprescindibel” nun documento a convocatoria dun referendo.

En 2015, contra o mesmo de novembro, Podemos matizaba in extremis o seu programa para inserir o termo “referendum”. No programa marco das autonòmicas non o inseriu e na asemblea fundacional de Vistaalegre Iglesias reivindicou o referendum dentro dun proceso constitucional en todo o Estado. Na altura, fontes da dirección do partido afirmaran que non era posibel facer unha consulta vinculante se non se reformaba antes a constuticións do 78.

Recoñecemento institucional

Mudar o artigo 2 da Constitución do 78

Como garantir a plurinacionalidade do Estado? Seica recoñecéndoo na Constitución, do mesmo xeito que fixo Bolivia en 2009. Para Podemos, un dos atrancos principais é que “subordináranse as nacións á construcción dun estado nación baseado nunha única identidade”. Por iso proponse modificar ao artigo 2 para que se comprometa a recoñecer e respectar a plurinacionalidade e de comunidades políticas que conforman España. Aquí non define se as nacións históricas serian Catalunya, Euskadi e Galiza. Podemos Andalucía ten reivindicado os mesmos dereitos que os catalás.

Blindaxe de competencias

Evitar as políticas de recentralizacións e reforma do Tribunal Constitucional.

O estado non poderá tirar competencias autonómicas senmpre que os gobernos autonómicso  non aproben transferilas, cunha ampla maioría, ao estado.  “Con estas actuacións  débese evitar o baleirado de competencias e as políticas de recentralización practicadas os derradeiros anos polo gobernos estatal”. Amáis, propón a criazón dun Tribunal de arbitraxe de competencias e unha reforma do Consello Xeral do Poder Xudicial e do Tribunal Constitucional para que as comunidades autónomas podan participar na escolla dos seus membros.

Protección da riqueza lingüística

Que o galego sexa cooficial en todo o Estado.

Que o estudantes saian da escola sabendo dicir “ola”,”bos dias” ou “grazas” nas catros linguas cooficiais do Estado. Esta é unha das propostas de Podemos para protexer a “riqueza cultural e lingüística do Estado”, que propón a revisión dos contidos educativos nas materias de historia e sociais para que se explique a evolución de todos os territorios e que en todas as escolas se aprenda outra lingua cooficial a máis d do castelán (unha materia que seria voluntaria para o aluno)

Tamén propón que o castelán, catalá, euskera e galego sexan cooficiais en todo o Estado, que se podan empregar en todas as institucións e actos da administración central. Quer dicer, cando se precise preencher documentos ou dirixirse a un xulgado.  E que galego, catalá e euskera teñan presenxa nos medios de comunicación, quer públicos quer privados.

Símbolos

Un DNI co “recoñecemento da plurinacionalidade”

O documento insire un elemento pouco nído: “Promover os elementos simbólicos que faciliten o recoñecemento da plurinacionalidade do Estado en documentos oficiais”. Como no DNI ou no pasaporte, nas matrículas dos carros ou nas seleccións deportivas. Unha proposta arriscada dado que os socialistas non recoñecen Galiza como nazón.

Ministerio de Plurinacionalidade

Encarregado de dar pulo ao referendo en Catalunya

Deste ministerios sairian as iniciativas para impulsar o estado plurinacional. Este ministerio debe garantir non só a realización dun referendo na Catalunha, mas unha igualdade de tratamento” entre as diferentes nacións, o “escudo dos direitos culturais e linguísticos“, a “armadura de poderese a construcion de comunidades, en suma, un novo modelo territorial. Concentraria todos os poderes do antigo Ministério da Administración Pública e incluen unha secretaria do Estado multi-nacionalidade e unha secretaria de estado do Municipalismo. Un dos seus principais obxectivos seria criar un novo marco de cooperación entre o estado e as nacións que se materializara nun Consello de Cooperación.

Novo modelo de financiamento

Manter un criterio “de equidade territorial”

Podemos tenta ensarillar o café para todos co principio de ordinalidade- quen máis achega, máis ten – na sua proposta, na que non fica claro se Galiza (nin se cita) recibiría todo o que ten achegado ao Estado. Afirma, porén, que  o  financiamento non pode ser un atranco para o desenvolvemento do marco de competencias de seu”. Que a Xunta non poida deixar de pagar as farmacias ou de investir en Sanidade ou Educación, competencias galegas, por falta de cartos do Estado.

Verbo dos investimentos, defende un “modelo poliédrico en rede que sustitue o modelo centralizado radial actual”. Quer dicer, rematar co centralismo nas infraestructuras no que todos os trens pasan por Madrid.

Circunscricións autonómicas

Que todos os deputados se apresenten por Galiza e non por demarcacións

Que o sistema eleitoral sexa proporcional, unha persoa, un voto. Reclámase a fin das circunscricións provinciais e reivindica que sexan por autonomías. Por outras palabras, un partido apresentaria unha listaxe para toda Galiza, e non pola Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.  A formación política debería organizar o peso que lle dá á orixe dos deputados.

Disolución das deputacións

Mantendo só as vascas

Nisto coinciden con Ciudadanos. Propón supremer todas as deputacións provinciais porque acha que son “disfuncionais” e “debedoras da concepción centralista do Estado”. O documento expón de deberían ser traspasadas as súas competencias ás autonomías, agás as de Euskadi.

Reforma do Senado

Dirixir as relacións entre comunidades e goberno español

Agora xa non propón suprimilo, mas mudalo nunha “cámara de representación territorial verdadeira, coma o Bundesrat”(Consello Federal de representación dos dezasete Estados Federais de Alemania). Tería como funcións debater e aprobar leis do Estado que afecten ás autonomías, impulsar e dirixir a participación das comunidades na UE e participar nos orzamentos xerais do Estado para fixar as partidas atribuídas a diferentes áreas de acordo co sistema de financiamento.

 

3 Comments

  1. Leslie Howard

    non simplifiquemos… Anova, Podemos e En Marea – os da “nova política” que viven de xestos (antigos)- son os seus interlocutores e posibles parceiros no futuro goberno español. Hai que diferenciar opinión do resto de contidos- a obxectividade heche un atributo só o alcance dos deuses. Pois nada. Que o sanandrés te abenzoe e senón tan amigos.

  2. O Estado plurinacional segundo o PSOE (socio do Bloque en Cedeira).
    Referendum.
    Non.
    Recoñecemento institucional.
    Ningún.
    Protección da Riqueza lingüística.
    Pacto con Cd´s en Andalucía que propón acabar con todo o que non sexa castelán.
    Símbolos.
    D.N. I. o de toda a vida.
    Diputacións.
    Deixámolas que hai que enchufar a moito morto de fame.
    Reforma do Senado.
    Que siga sendo un sitio de colocación de altos cargos.
    Ese é o socio do Bloque Nacionalista Galego.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off