off
Movementos sociais, Pesca — 15 Febreiro, 2016 at 11:28

A Federación de Confrarías de Pescadores acordou convocar unha manifestación nacional contra as políticas da Xunta de Galiza

por Redacción

O 27 de febreiro en Compostela baixo o lema “Defendamos o mar”


Ollaparo_Lonxa04Unha manifestación convocada a ser secundada polos diferentes sectores do mar para protestar contra as políticas da Xunta de Galiza e contra os recortes nos topes de captura promovidos por Bruxelas e aceptados polos Gobernos galego e de Madrid.

O sector do mar quere expresar o seu rexeitamento aos topes máximos de captura determinados por Bruxelas e aceptados polos Gobernos do PP en Madrid e na Galiza, nun contexto no que Fajardo -presidente da Federación de Confrarías, vén de someterse na mañá do sábado a unha cuestión de confianza na que 62 persoas dun total de 100 asistentes votaron en contra da súa xestión.Porén, malia afimar que de contar con máis do 60% de votos en contra dimitiría, o presidente da Federación viu “superada a proba”.

Fajardo xustificou a decisión de seguir á fronte da entidade advertindo de que o censo se eleva ás 126 persoas e non ás 100 que participaron na Asemblea na que se someteu á cuestión de confianza. As máis das voces critican que continúe no cargo malia suscitar tanto rexeitamento entre Confrarías.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: