off
Movementos sociais — 12 Febreiro, 2016 at 10:03 a.m.

Paremos o feminicido!

by

A Marcha mundial das mulleres convoca concentracións por todo o país para o sábado 13 ás 20:00h. 


Unha vez máis a Marcha Mundial das Mulleres volve á  rúa para amosar  indignación polo asasinato dunha muller por violencia machista. Ana foi asasinada polo seu compañeiro sentimental pagando coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecen todas as mulleres. A coordenadora comarcal de Ferrolterra da Marcha Mundial das Mulleres convoca a sumarse diante do Concello de Ferrol para rexeitar este cruel asasinato e denunciar unha vez máis a violencia machista instalada na nosa sociedade.marchamundial_feminicidio

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off