off
Ciencia — 12 Febreiro, 2016 at 11:06 a.m.

Detectan por primeira vez as ondas gravitacionais, unha predicción de Einstein hai 100 anos

by
Foto: www.ligo.org
Foto: www.ligo.org

O astrónomo César González García do CSIC no Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) debulla no post “Un enorme tambor cósmico” publicado no  Portal da Ciencia Galega o que para algúns xa é a descuberta do século. A chave para debullar a “música das esferas” , que é como os pitagóricos denominaban o que para eles estaba rexido por proporcións numéricas  harmoniosas, quer dicer, que o movimento dos corpos celestes estaba rexido por proporcións musicais. Aquela poética intuición pitagórica  sustanciouse nunha das implicacións dos experimentos que podían probar a teoría da relatividade: “que a gravidade curvaba a luz  podíase  verificar grazas aos esforzos de varios científicos e as súas observacións das posicións das estrelas durante unha eclipse de sol”. Unha dalquelas implicacións, afirma César González, é a  detección de ondas.  Xa non só podemos ver o Universo; agora tamén o podemos ‘oír’, afirma.

A nova foi publicada onte nunha conferencia de imprensa en Washington e difundida por internet, após cinco meses de pescudas para asegurarse que non había posibilidade de erro.O director executivo do  LIGO, David Reitze, expresouno afirmando que se “abría unha nova fiestra ao Universo”.

A música do Universo

A ondaxe gravitatoria son ondas producidas por acontecemento violentos, como a fusión de furados negros ou a explosión de supernovas, que viaxan á velocidade da luz provacando distorsións no espazo e no tempo, que acelera ou desacelera ao seu paso. Portanto, detectalas e medilas é indispensabel para coñecermos o que acontece no Universo e os fenómenos violentos que foron e que outros que están a pasar. Poder medir estas ondas propicia un cambio de paradigma na observación e estudo do Universo xa que toda a información tírase a partires da análise da luz que chega e que apañan os telescopios. As ondas gravitacionais son vibracións comparables co son. Quer dicer, as ondas recollen o son do universo, a música das súas orixes.

No LIGO traballan 1.000 investigadores. O instrumento óptico de precisión máis grande do mundo, con dous detectores afastados por 3.000 quilómetros. Un na Louisiana e outro en Washington. Ambos e dous emente feixes de luz laser de catro quilómetros mois sensíbeis que mudan co paso da onda gravitatória. O trebello é capas de detectar variacións equivalentes a unha  deumilésima parte do diámetro dun núcleo atómico.

O primeiro artigo cos resultados publicarase en Physical Review Letters, precedido dunha morea de publicacións que achegarán e debullaráns outros datos.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off