off
Normalización lingüística, Vídeos — 11 Febreiro, 2016 at 12:42 p.m.

Anxo Baranga rende sentida homenaxe a Sabela Labraña

by

Nun vídeo publicado no youtube. O artista plástico e performancer Anxo Baranga, amigo co que ten colaborado  Sabela Labraña en proxectos e angueiras culturais, rende homenaxe e agradecimento, tornando pública -após un mes do seu pasamento-  a laboura pedagóxica da filóloga cedeirense afincada en Catalunya. Un desenvolvemento profesional e persoal a prol do idioma e cultura galegas que se sustanciou no tempo, quer no proxecto educativo intercultural Galauda (que naceu na Sección de Filoloxias Galega e Portuguesa para provocar nos adolescentes unha percepción da diversidade lingüística e cultural como unha necesidade incuestionable para as sociedades actuais), quer participando dun xeito xeneroso e amigo nas actividades e inciativas desenvolvidas pola comunidade galegocatalana. Auga da fonte, sempre con nós.

 

 

One Comment

  1. Antom Labranha

    Obrigado, meus.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off