off
Mar e Pesca, Opinião, Política — 9 Febreiro, 2016 at 11:47 a.m.

O “rodillo” do PP: quen será o seguinte?

by

O que acontece en Noia merece toda a nosa atención por un momento. Non se trata de un cambio de goberno así sen mais, non… o contexto da loita do Cerco e a polémica Lei de acuicultura (amén doutras cuestións de carácter local) parecen ter que ver moito con este pintoresco cambio de goberno.

Miguel Paz Barreiro (PSOE) é unha desas persoas que non só visitou a acampada do Cerco en múltiples ocasións senón que defendeu ao sector con contundencia en presencia do Sr. Presidente da Xunta e sempre dixo públicamente que o seguiría facendo ata que se conseguise un reparto xusto de cotas.  E o dicía coa mesma contundencia e belixerancia coa que se opuxo á Lei de Acuicultura en distintos foros, dende a súa perspectiva de que todos os sectores de pesca artesanal e de marisqueo estaban amenazados con este proxecto.

Nunhas das súas visitas ao campamento, contestaba  o Sr. Paz  a miña pregunta sobre como afectaría o Plan de Acuicultura á Ria de Noia  e ao Marisqueo e ademais de denunciar que se trataba dunha imposición sen ter en conta aos traballadores do mar,  dicia estar moi preocupado no tema fundamental de saneamento das augas da ría e insistía en que este plan ía precisar de moita unidade de todo o sector para enfrontar un proxecto que empobrecería ao sector do mar como nunca. Falábame tamén Miguel Paz da súa intención de tratar de que a UNESCO declarase a Ria de Noia “Patrimonio da Humanidade”.

(Chama a atención que o Sr. Freire , deputado provincial no Parlamento de Galicia, participante na Comisión Parlamentar de Medioambiente votase en contra dunha proposta para Control de Augas e Saneamento das Rias porque dicia que xa se estaba facendo todo o que se tiña que facer… agora parece ter outra visión do asunto… igual que do da Lei de Acuicultura da que, polo que me contan era defensor… )

Os alcaldes da costa, en especial algúns, non se quedaron no mero protocolo de facer resolucións e comunicados a favor do cerco e do futuro do sector de baixura,  senón que están dispostos a ir mais alá, até onde faga falta para frear esta demoledora imposición de privatización do mar, e protexer o futuro da flota artesanal galega. Molestan? Claro que molestan; molestan e moito porque cada declaración ou acción que fagan vai ter repercusión. Noia era o único bastión do Barbanza que non dominaba o Partido Popular, e visto dende fora, Miguel Paz  parece ser unha das primeiras victimas do rodillo do PP na súa imposición da Lei de Acuicultura… quen será o seguinte?

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off