off
Movementos sociais, Politica internacional — 8 Febreiro, 2016 at 8:59 a.m.

Turquía ergue un novo muro no Curdistán

by

A construción realizada polo exército turco empezou en xaneiro no pobo Soun. Segundo  Ara News ” no més pasado, unha unidade do exército turco atravesou a fronteira para a rexión curda da Síria perto das cidades de Girke Lege e Diana Aghe  na província de Hasakah, nordeste da Síria, causando o estado de pánico entre os residentes da área  curda”. A fronteira entre o Curdistán de Turquia e o de  Síria fica separada por un muro de 7  quilómetros de longo e 3 de alto.  O novo “muro da vergoña” está situado perto da poboación de Girke Lege (Al-Muabbada en árabe) no Kurdistan sirio ou Rojava. Esta zona fai parte do cantón autónomo de  Cizire (Al Jazira en árabe). Non é a primeira vez que o estado turco ergue muros para fixar fronteiras. 

Fotografia_:Mustafa Ebdi_
Fotografia:Mustafa Ebdi
Fotografia_ Mustafa Ebdi_2
Fotografia:Mustafa Ebdi

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off