off
Ciencia, Galiza — 3 Febreiro, 2016 at 9:45 a.m.

Quen son @s científic@s galeg@s máis influintes? Highly Cited Researchers (2015)

by

star-702x336_thomson reutersA empresa Thomson Reuters  presentou a versión 2015 do web Highly Cited Researchers, na que se poden localizar os investigadores máis influientes da actualidade e comparalos coa información dos anos 2001 e 2014. Do  Estado español hai 51 investigadores neste ranquing (o 1,63% do total mundial), do que só  6 són mulleres. Unha delas, a galega Rosana Rodriguez-Lopez, matemática da  Universidade de  Santiago de Compostela

A edición 2015 aprensenta 3.216 investigadores de todo o mundo  que asinaron o  maior número Highly Cited Papers, quer dicer, aqueles que ocupan o 1% máis alto de citacións por eido científico e ano. Para cada investigador, ofrécese a categoría temática, afiliación principal e secundaria e, se dispón, a ligazón ao seu número de identificación ResearcherID.

Nesta edición priorizouse a investigación con artigos e revisións das revistas indexadas na base de dados  Web of Science (WoS)  no período 2003-2013. Porén, a diferencia doutras edicións nas que se empregaron as citacións totais como medida da influencia ou impacto científico, tivéronse en conta só os artigos máis citados. Os dados arrumáronse en  21 campos científicos, ainda que de xeito excepcional para as revistas multidisciplinarias como Nature o Science, cada article artigo reasignouse a un campo específico.

Madrid ocupa primeira posición do Estado  (17 investigadores, que eran 8 na edición 2014), seguida per Cataluña  (15, 19  na edición 2014),  Valencia (5, 7 na edición 2014), Andalucia (5) e Galiza (3). Con un só investigador as  Illas Baleares, que tiña  2 na 2014.

Por sectores institucionais (ainda que cómpre ter en conta que para cada investigador pode constar máis dunha afiliación) o CSIC, Consejo Superior de Investigaciones Científicas, ocupa a primeira posición estatal de xeito destacado, con 21 dos 51 científicos.

Respeito a Galiza, a primeira institución é a Universidade de Santiago de Compostela. Dos 3 investigadores galegos que aparecen na listaxe hai unha muller. Por campos científicos, destacan as matemáticas e a bioloxía computacional.

Juan José Nieto   Universidade de  Santiago de Compostela (Matemáticas)

Rosana Rodriguez-Lopez  Universidade de  Santiago de Compostela (Matemáticas)

David Posada  Universidade de  Vigo (Bioxenética e bioloxia computacional)

matemáticas

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: