off
Editorial — 28 Xaneiro, 2016 at 10:54 a.m.

Os primeiros da bancada

by
 Fonte: De IngenieroLoco -Wikipedia CC BY-SA 4.0, $3
Fonte:  IngenieroLoco -Wikipedia CC BY-SA 4.0, $3

Repiten que queren rematar coa caste entanto acatan o poder do rei de España, porén Pablo Iglesias acha que é unha “cacicada” que sentaran o seu partido no “poleiro” do Congreso español, que é un lindo xeito de rematar coa caste: queixarse que non che deixan sentar na primeira bancada. Ao cabo, todos son demasiado importantes e queren sair na foto e na televisión que é, ao cabo, o medio ao que se dirixen hai tempo as sesións parlamentares e no que alicerza a práctica totalidade da praxe política actual.

Xa se sabe, canta máis crise, máis políticos con problemas de conducta. Velaí tedes a Felipe González en plena éxtase crioxénica de Marvel. O Dr.X acredita na metamorfose milagreira da Pel de Boi en Pel de Boi. Un goberno do PP con Ciudadanos coa abstención do PSOE. Aquí  a grande coalición é daltónica…laranxa, morada, azul ou vermella. Como un mutante desecado, conxelado e pegañento.  A hora da nova España. No entanto a ONG  Transparencia Internacional dí que hai anos que non paramos de ver casos que amosan con nídia transparencia que España está entre os paises do mundo onde empiorou a corrupción. Bárcenas, Gurtell, Pokemon, Pujol, familia real, Bankia, Cajamadrid, un sistema financieiro que fai a vontade…ainda onte en Valencia o caso Rus. Seica González propón a Solana para un goberno de revengers (exministros do PSOE, PP, UCD…os Bono, Oreja, Zaplana, Solchaga, Martín Villa….). Quer dicer, a España de sempre. Eís Bieitinho Rubido en   teimando na relación entre @ahorapodemos e os “ayatolás iraníes”. Debe ser unha emerxencia, a única emerxencia que teñen. Porque o social, o que acontece no territorio, de momento, fica acurrunchado.

Porén, mentras esperamos que suba a maré, a mudanza do clima ou a fin do mundo podemos participar mañá venres ás 20:30 na convocatoria en repulsa pola concesión por parte do governo do PP dunha prórroga por 60 anos máis a ENCE na ría de Pontevedra.

PD  Felipe González teima e dalle instruccións ao Pedro Sanchez nunha entrevista en ‘El País’. Unha entrevista de catro páxinas na que o expresidente do goberno español avoca a superar o eixo esquerda-dereita e fechar pactos en función de se os partidos teñen un proxecto “reformista”para o país. Seica son leccións de sentido de estado após a corrupción e Bankia (unha fraude a grande escala argallada adentro do Estado). Os togados emiten sentenza malia non seren cargos eleitos. Certo é que cada un é responsabel da súa dieta informativa.

 

 

 

 

One Comment

  1. Neste link podedes ver a Francisco Rodríguez Sánchez cunha sorriso de orella a orella nunha audiencia co Rey.http://elpais.com/diario/2004/04/06/espana/1081202406_740215.html
    Isto si que é acatamento ó poder real.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: