off
Europa, Mundo, Política, Politica espanhola — 27 Xaneiro, 2016 at 12:29 p.m.

O español é un dos estados do mundo onde empiora a corrupción

by

mapa-transparencia-internacional-2007-50O Índice de Percepción da Corrupción 2015 (elaborado por Transparency International), presenta a percepción de corrupción no sector público en 168 países. Máis de dous terzos destes 168 países tiveron unha puntuación inferior a 50, unha escala de 0 (percepción de altos niveis de corrupción) a 100 (percepción de ínfimos niveiss de corrupción). Este  Índice elabórase a partires das opinións de expertos sobre corrupción no sector público. As puntuacións dos países poden ser positivas cando existen mecanismos de goberrno aberto, a través do que o público pode exixir que os seus dirixentes rendan contas, en canto  que unha puntuación deficiente evidencia un contexto no que prevalece o suborno, os actos de corrupción fican impunes e as  institucións públicas non respostan ás necesidades dos cidadáns.

Dinamarca ocupa o primeiro lugar,por segundo ano consecutivo, mentras  Corea do Norde e Somalia teñen os piores resultados, con só  8 puntos cada un.

Os  países mellor posicionados apresentan características comúns chave, como altos niveis de liberdade de imprensa; acceso a información sobre orzamentos que permite ao público saber onde é que proceden os cartos e como se gastan;   altos niveis de integridade entre quen ocupa cargos públicos; e un poder xudicial que non distingue entre ricos e pobres, e que é con certeza independente doutros sectores do goberno.

Entre os paises con maior descenso nas posicións dos derradeiros catro anos estan España, Líbia, Australia, Brasil e Turquía.  O paises que amosan melloras sustanciais Grecia, Senegal e Reino Unido. Alén diso,  Guatemala, Sri Lanka e  Ghana, son exemplos de cómo a cidadanía e  a sociedade civil xunguiran azos para combater de forma efectiva a corrupción.

España continua recuando no Índice de 2015

España volve perder puntos situándose con 58/100 (en 2014 era de 60). “A puntuación  en 2013 foi de 59, cunha forte baixada após valorar os dados de 2014 nos que se prevía que continuara a mellora, porén, os de 2015 non o expresan”

Outra forma de analisar o índice é a comparanza entre paises. Dende esta perspectiva, en 2013 España descendeu 10 postos neste Índice  (até o 40 do ranking global), este ano está no 36 entre os 168 países analisados, o que mesmo que o ano pasado  (o 36/37, empatado con Israel), mas estas mudanzas segundo o informe non son os importantes,xa que poden deberse a que un ano a un país que estaba por riba na avaliación, entón, súbese, ainda que en realidade se baixe en puntos reais.

Se as sete enquisas que alicerzan o índice sinalan que Estaña ten unha situación de corrupción alta entre os paises do euro (ainda que non tanto en relación aos  168 países), se os expertos ratifican as súas valoracións e non achegan dados de mellora, é evidente que os efectos das  medidas aplicadas até o de gora non  foron efectivas ou perceptibles e que non abondan.

2 Comments

  1. Pois para min Dinamarca é un dos países mais corruptos do mundo. Vailles roubar os refuxiados todos os cartos que leven a partir d unha cantidade. Is é corrupción.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off