Concepción Martín, nada en Vigo contra 1935, finou hoxe en Washington. Concepción Martín, coñecida por Concepción Picciotto logo de casar cun home de negocios italiano en 1965, de quen tomou o apelido, foi unha pacifista galega que acampou 30 anos, a máis longa protesta na historia dos Estadous Unidos, diante da Casa Branca. A velliña coa perruca pegada ao seu casco foise convertendo nun icono da capital dos EUA. Cando comezou a súa primeira vixilia no parque, Ronald Reagan acabara de tomar o seu xuramento de posesión. Habían de vir as Guerra do Golfo e as de Iraq e Afganistán, cando os ataques ás torres xemelgas e cando o voo 77 de American Airlines chocou contra o Pentágono.
Conchita Picciotto apareceu no filme de Michael Moore Fahrenheit 9/11 (2004)
Emigrou aos Estados Unidos en 1963, onde comezou a traballar no consulado de España en Nova York. Logo de separar en 1974 perdeu o traballo, a casa e a custodia da filla, comezando unha batalla legal por recuperar a custodia, que virou nunha batalla contra o sistema legal estadounidense e, ao cabo, nunha protesta contra o goberno dos Estados Unidos. El Tiempo Latino informara que coñeceu ao filósofo William Thomas, un activista contra a proliferación nuclear que ocupaba unha carpa frente a residencia presidencial. En agosto de 1981, Picciotto uniuse a el e durante tres décadas non abandonou o lugar, combinando as quendas con Thomas para as vixilias da noite. Mália a morte do activista en 2009, Picciotto non cedeu. Membros de Peace of House (a casa que Thomas mercou para acollera a pacifistas) fixeron quendas para cubrir a Picciotto durante as noites.
A galega fixo da súa vida unha protesta permanente a partires de agosto de 1981, contra a violencia e a proliferación do armamento nuclear.“Morrerei protestando en contra do goberno” e “ pola paz do mundo”, afirmara.