off
Comunidades Galegas, Mundo, Xente — 27 Xaneiro, 2016 at 11:23

Finou Concepción Martín, a pacifista galega que acampou 30 anos diante da Casa Branca

por
Concepción Martín, coñecida por Concepción Picciotto, pacifista galega que a

Concepción Martín, coñecida por Concepción Picciotto, pacifista galega

Concepción Martín, nada en Vigo contra 1935, finou hoxe en Washington. Concepción Martín, coñecida por Concepción Picciotto logo de casar cun home de negocios italiano en 1965, de quen tomou o apelido, foi unha pacifista galega que acampou 30 anos, a máis longa protesta na historia dos Estadous Unidos, diante da Casa Branca. A velliña coa perruca pegada ao seu casco foise convertendo nun icono da capital dos EUA. Cando comezou a súa primeira  vixilia no parque, Ronald Reagan acabara de tomar o seu xuramento de posesión. Habían de vir as Guerra do Golfo e as de  Iraq e Afganistán, cando os ataques ás torres xemelgas e cando o voo 77 de American Airlines chocou contra o Pentágono.

Conchita Picciotto apareceu no filme de Michael Moore Fahrenheit 9/11 (2004)

Emigrou aos Estados Unidos en 1963, onde comezou a traballar no consulado de España en Nova York. Logo de separar  en 1974 perdeu o traballo, a casa e a custodia da filla, comezando unha batalla legal por recuperar a custodia, que virou  nunha batalla contra o sistema legal estadounidense e, ao cabo, nunha protesta contra o goberno dos Estados Unidos. El Tiempo Latino informara que coñeceu ao filósofo William Thomas, un activista contra a proliferación nuclear que ocupaba unha carpa frente a residencia presidencial. En agosto de 1981, Picciotto uniuse a el e durante  tres décadas non abandonou o lugar, combinando as quendas con Thomas para as vixilias da noite. Mália a morte do activista en 2009, Picciotto  non cedeu. Membros de Peace of House (a casa que Thomas mercou para acollera a pacifistas) fixeron quendas  para cubrir a Picciotto durante as noites.

A galega fixo da súa vida unha protesta permanente  a partires de agosto de 1981,  contra a violencia e a proliferación do armamento nuclear.“Morrerei protestando en contra do goberno”  e  “ pola paz do mundo”, afirmara.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: