off
Galiza, Meio ambiente, Política — 26 Xaneiro, 2016 at 9:13 a.m.

Rajoy entrega a ENCE a ría de Pontevedra por 60 anos máis

by

Os caso da pasteira de Ence en Lourizán é unha nídia mostra que o funcionamento do triángulo goberno, ambientalismo e empresas está atravesado por unha incompatibilidade de soberanía que se visibiliza no espólio ambiental e fiscal. De soberanía política e territorial.


O Ministerio de Medio Ambiente entregoulle a ría de Pontevedra á empresa Ence por 60 anos máis. Tal e así que o acordo foi ser anunciado pola empresa e non polo Goberno do Estado, que é quen outorga esta licenza para facer coa ría o que lle pete. Representantes do colectivo “Ence fora da ría” explicaron que se trata dun acordo “vergoñento”, unha “decisión de envergadura a de hipotecar e condicionar o futuro de Pontevedra durante 60 anos máis”.

Conscente de ser unhas das fábricas máis contaminantes do Estado, Ence tiña mercado leiras  fora do dominio da Lei de Costas. En 2013 Arias Cañete, na altura Ministro de Medio Ambiente  tumbou a Lei de Costas, debullando o camiño aos negocios dos amigos do PP. Coa lei de costas finiquitada e un informe ambiental  que ninguén viu  prorroga a concesión a ENCE de 2018 até 2073.  O Goberno en funcións do PP  vaise deixando unha Lei de Costas que albisca moratorias de até 75 anos para industrias locadas en dominio público marítimo terrestre, como é o caso de Ence en Lourizán.

IMG-20160125-WA0000

O cumprimento das sentenzas xudiciais nada sirven cando do que se trata é de alimentar o IBEX. E se hai que facer leis e normas ad hoc, a medida dalgunhas empresas e empresarios, para iso está a pervesión das maiorías absolutas e gobernar a base de decreto.

ence-20160125-WA0001
Programa eleitoral de Alberto Núñez Feixoó (PP)

No entanto, canto costan as doenzas xeradas na contorna de Lourizán, cantos sectores productivos sustentables  vinculados á ría e ao marisqueo se están a deixar de explorar por causa de manter este monocultivo productivo insustentabel en termos sociais e medioambientais, cantos empregos se perden na ría pola calidade das augas ou por  inducir e potenciar a forestación de rápido crecemento, a planta masiva de eucalipto  nos montes e leiras do país? Todo seica por causa do emprego. Mas cantos postos de traballo se están a perder por causa de Ence? O Goberno en funcións do PP vaise, Ence queda até 2073.

“Imos utilizar todos os medios á nosa disposición: sociais, políticos, xudiciais… para facer fronte a esta decisión, que non é firme, ao  igual que outras decisións ao respecto de Ence”, aclaraba a tenente de alcalde, quen aproveitaba para “facer unh chamamento ao próximo goberno do Estado para que revoque esta decisión”, declararon os portavoces da plataforma  cidadá “Ence fora da ría”

Os actores deste conflito socioambiental  amósanos como muda a escala do problema ao introducirse o factor de soberanía (incluida a soberanía local, de 25 concelleiros que ten a Corporación municipal, 17 oponíanse nos seus programas á continuidade de Ence na ría). É a orixe de Ence (concesión que ten desde 1957, en pleno franquismo ) , a escala e as asimetría dos actores implicados  o que fai da permanencia de Ence na ría de Pontevedra un caso de fraude electoral (Feixoó comprometíase ao “traslasdo de Ence” e a “recuperación ambiental” ) e política xa que se mudou a medida de Ence o marco xurídico que lle prorroga a esta empresa a súa permanencia malia as sentenzas en contra, mas tamén de configuración do mapa de reconfiguracións politicas, sociais e económicas na redistribución estatal tanto de alizanzas políticas como de actividades productivas.

As principais reclamacións dos grupos sociais contrarios á permanencia desta planta alicerza en que consolidan e alargan un modelo forestal que está implicando graves impactos sociais e embientais, que aumentan e promoven a apropriación dos recursos esenciais, que destruen e contaminan os recursos híbridos e a vida dos seres vivos, que destruen as fontes de traballo e ingresos en medios de producción sustentables, algúns con fonda impregnación nas poboacións ribeiriñas como é o marisqueo, que implican a perda de soberanía sobre o uso de recursos e xeran divisón entre os galegos e galegas.

.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off