off
Galiza, Medio ambiente — 26 Xaneiro, 2016 at 1:24 p.m.

O Supremo declara a responsabilidade civil do capitán do Prestige, a propietaria e o FIDAC

by

Modifica a resolución da Audiencia Provincial da Coruña que en 2013 absolveu a todos os encausados


Que  deberán afrontar as indemnizacions que se fixen en execución da sentenza. O TC condea a dous anos de cárcere a Apostolos Ioannis Mangouras, capitán do pretroleiro Prestige, , como autor responsabel dun delito imprudente na modalidade agravada de danos catastróficos  con grave afectación do medio mariño, cun verquido oficialmente estimado dunhas 63.000 toneladas de fuel.

A empresa afrontará indemnizacións millonarias.O fiscal reclamaba o reconecemento de indemnizacións por valor de 4.328 millóns de euros, que pagaria aseguradora do Prestige

En concepto de responsabilidade civil  directa, co mesmo alcance, a aseguradora Cia The London Steamship Owners Mutual Insurance Association (The London P&I CLUB), que tiña  un límite de cobertura na póliza de 1 billón de dólares USA, e  a subsidiaria de Mare Shipping Inc., propietaria do barco.

Esta nova sentència xurde da petición ao Tribunal Supremo por parte o fiscal Luis Navajas,que pedia reconsiderar a decisión de 2013 porque non se tiveran en conta 5 documentos que probaban, na súa opinión, que o capitán “tinha de ser condenado”.

O TC modifica asín a sentenza absolutoria de Mangouras polo delito de medio ambiente ditada pola Audiencia Provincial de A Coruña e confírmase a absolución do xefe de máquinas do Prestige e de José Luis López Sors, director xeral da Mariña Mercante na altura dos feitos, único cargo político encausado. 

Declárase tamén a responsabilidade civil del FIDAC (Fondo Internacional para la indemnización de danos causados por hidrocarburos) cos  límites estabelecidos no  Convenio que o regulamenta

A sentenza da Sala Segunda, da que é ponente a maxistrada Ana Ferrer, difire  a concreción do importe das indemnizacións en concepto de responsabilidade civil na fase de execución de sentenza, ainda que apunbta que a mesma debe atinxir a restitución, reparación do dano, tanto o emerxente como o lucro cesante, incluido o dano medioambiental e indemnización de perxuzos materiais e morais, co límite das peticións formuladas polas partes nas súas conclusións definitivas.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: