off
Mar e Pesca, Opinión, Traballo — 21 Xaneiro, 2016 at 12:32

As mulleres do cerco

por

Onte ferveron as redes durante o programa de Via V. A están xa en marcha para gañar unha guerra que vai ocasionar moitas bágoas ao Goberno de Feijóo. O seu Goberno non os quixo escoitar, ningunearon durante meses aos traballadores do Cerco e mesmo a Sra. Conselleira dedica parte do seu tempo a asistir a reunións e facer campaña contra Acerga para salvar o posto… bonito xeito de responsabilizarse do Sector!

Cóntanme que a Conselleira, en cada unha das reunións que ten cos distintos sectores do mar,  continúa culpando a Acerga por non dicirlle que barcos teñen problemas… Claro, como o vai saber ela… Conselleira do Mar… cantos barcos teñen problemas e onde están os documentos dos barcos…? Pois si, o que ledes, así traballan os “máximos responsables” do Goberno galego. Este é o nivel.

E o Presidente do Goberno galego? Que fai o Presidente da Xunta de Galicia? Onde anda? Que di a toda esta incompetencia continua e manifesta do seu Gabinete?  (¿Donde está Alberto?, preguntaba a Sra. Ana Pastor cando se atopou cós armadores durante a campaña electoral) 

Nin sabe, nin contesta. De momento non hai resposta á petición de mais de 40 Concellos dunha xuntanza co que di ser o Presidente de todos os galeg@s… o mesmo Presidente que lles esixe aos armadores que fagan o que eles dende a Administración deben de facer. Para iso se lles vota (quen lles votou), para iso se lles elixiu (quen os elexiu), para iso se lles paga. 

Cada tramo de loita é un tramo gañado… na acampada gañouse moito, gañouse unión, gañouse forza, gañouse convencemento de que si non se sigue loitando, este Goberno continuará no seu sitio sen representar a Galicia. Agora tócalle ás mulleres, e as mulleres xa están en marcha, preparadas, moi ben preparadas. Esta guerra vaise gañar, SI ou SI. Por razón e por xustiza. Por un reparto xusto e lineal.

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: