off
Cedeira, Galiza, Mar e Pesca — 20 Xaneiro, 2016 at 12:35 p.m.

O PP deita unha proposta do BNG destinada a buscar solucións para a volanta

by

No mes de setembro un  grupo de armadores acampaban ás portas de San Caetano reclamando maiores cotas e un modelo acorde coa súa realidade. O deputado do BNG, Daniel Rodas vén de defender na Comisión de Pesca unha proposición non de lei destinada a procurar solucións para defender o dereito da flota da volante con cotas que lle permita a viabilidade das embarcación e con normativas realistas proporcionadas e que o PP desestimou votando en contra.

Os plans do 2005 non resolveron os problemas da volanta

Segundo Rodas, o colectivo da volanta explicou que conta cun modelo de reparto lineal dun 50%, 25% en función das capturas históricas e o outro 25% relacionado cos tripulantes de 52 barcos dos que 32, son galegos. O reparto fai que lle corresponda unha media de 33,5 toneladas ao ano de pescada dunha especie estratéxica para esta flota. Con estas cantidades, afirmou, a a pescada acada unha media de tres euros e co computo total do ano resulta imposible realizar unha xestión deste modelo para que “sexa rendíbel”. Este é o problema real da flota que cada vez constata como a súa actividade está abocada ao despezamento.

Despois de catro meses da acampada a situación “tornase máis dramática que a do ano pasado” ao caer a cota ao 22% e ademais, enriba da mesa non existe ningunha medida do Goberno para enfrontarse a situación no vindeiro ano.

A pescada  é unha especie estratéxica que a U.E tentou regular no ano 2005 con medidas de recuperación da pescada sur e daquela a intención era reconstituír as poboacións desta especie en dez anos. No 2014 estableceuse un TAC de 10.409 toneladas, no 2015 unha cota de 8.448 Toneladas correspondéndolle á volanta o 18,57% do total, 1.643 toneladas. Na altura, a ministra e a conselleira consideraban este reparto “altamente satisfactorio” e este ano temos un reparto de 6.946 toneladas “baixando a respecto do ano 2015 nun 22%” e a conselleira Quintana volve a valorar o esforzo negociador da ministra e o seu gabinete”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off