off
Eleccions 20-D 2015, Movementos sociais, Política — 20 Xaneiro, 2016 at 10:15 a.m.

En Marea resígnase a integrar no grupo de Pablo Iglesias

by

Perante o veto do Congreso, a formación da esquerda galega rexistra un grupo “confederal” e “plurinacional”


Nun acordo agónico, Podemos e as súas alizanza territoriais resignárosen onte a formar un só grupo no Congreso logo de o PP , o PSOE e Cs vetaran que cada unha das confluencias tiver a súa própria voz no hemiciclo, como se tiña comprometido en campaña. En Comú Podem, En Marea (a alianza galega)  e os deputados valenciáns de Podemos non quixeron forzar o non da mesa e decidiron intergrarse nun “grupo plurinacional” ou “grupo de grupos”. Unha única estructura parlamentar chamada Podem-En Comú Podem-En Marea que terá unha organización interna pouco pautada para darlle “autonomia” a cada confluencia.

Porén, Compromís, na soleira dunha división interna, decidiu esgotar os vieiros legais para rexistrar a súa petición de facer un grupo próprio. Os deptuados valencianos de Podemos, porén, optaran por rachar coa coalición e xunguirse ao grupo de Pablo Iglesias, que terá  65 deputados. Compromís non fecha a porta a integrarse máis adiante, se ben antes ten de debatilo coas bases, acrescentando que acturan con “coherencia”, segundo sinalaba o pacto preeleitoral asinado con Podemos, a quen acusan de telo rachado no derradeiro intre.

Negociando duas semanas

Perante a negativa, Podemo procurou alternativas -para seguir respeitando a forma xurídica independente das súas confluencias poñendo de riba da mesa formaren un grupo periférico de En Comú Podem, En Marea e Compromís-Podem. Malia a primeira valoración positiva do PSOE para convencer a Mesa que para alén do regulamento ten potestade sobre a formación de grupos.  Porén, a formación deste grupo de alianzas territoriais acabou por estar supeditada a sumar os dous deputados de IU que xa anunciaron que farán grupo con Esquerra para poder cobrar a subvención ao correo eleitoral.  EH Bildu tomou a mesma decisión. O PSOE anunciou que aceptaría un grupo periférico no Senado mas o PP, con maioría absoluta na cámara alta xa dixo que o vetará.

Que é un grupoconfederal?

Tanto os representantes de En Comú Podem e En Marea afirarmon que terán autonomía política e axenda própria respeitoaos compañeiros de Podemos. Tanto en En Comú Podem como En Marea cumpren as condicións numéricas para teren grupo de seu xa que en todas as circunscripcións tiveran  máis do 15% dos votos, mas o resto dos partidos negáronse apelando ao artigo 23.2 do regulamento da cámara baixa que di que “en ningún caso se poderán formar grupo parlamentar separado os deputados que, no intre das eleccións, formaban parte de formacións políticas que non se tiveran enfrontado diante do electorado”. Coñecido é que noutras xeiras permitiuse ter grupo próprio a partidos que non cumprian o  100% do regulamento.Como é o caso de Democràcia i Llibertat, que poderá formar grupo ainda non sumaro 15% do escrutinio en  Barcelona.

Ao final, perante o non como resposta- o PSOE xogou a trocar veto por investidura- Podemos acabou por propor  un grupo “confederal”, presidido por Pablo Iglesias e Íñigo Errejón comoa portavoz, ainda que de portavoces adxuntos os das confluencias. O “grupo confederal” é unha proposta semellante á que pactara na anterior lexislatura IU  e ICV-EUiA coa Esquerda Plural. Quer dicer, se cada grupo ten media hora no debate de política xeral, o tempo repartirase entre  Iglesias e cada un dos portavoces en función dos deputados que acheguen ao grupo.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off