off
Economía, Mar e Pesca, Movementos sociais — 15 Xaneiro, 2016 at 8:26 a.m.

Nada para o Cerco en Madrid

by

O cerco fica decepcionado da reunión convocada en Madrid pola Secretaría Xeral de Pesca. Nin a Acerga  nin a CIG saíran conformes dunha reunión que din non tiña sentido xa que non moveran ficha.


Cerco_pilaraymara cerco_madrid14012016_iaboiAcerga afirmou en Radio Galicia-Cadena SER que “non houbo nada”,”improdutiva”, xa que os representantes do Goberno central “non propuxeron nada”, alén de pór sobre a mesa a proposta da Xunta dun tope minimo de quilos por cada barco para logo ilo aumentando segundo as toneladas de arqueo de cada embarcación.

A CIG  comunicou a súa decepción co secretario xeral de Pesca, quen ratificou  “non vai haber modificación do sistema de reparto de cotas”.

“Din que hai dificultades porque o goberno está en funcións, mais o problema de fondo é o de sempre. Madrid escúdanse en que é a Xunta a que debe facer unha proposta consensuada co sector. E entón uns por outros e a casa sen varrer”, afirmou a CIG en comunicado.

O sindicato galego, que participou da delegación galega na reunión de Madrid, reiterou que quen ten que “mover ficha para abrir portas de futuro para o sector”  é Feixoó. “O problema é que o goberno da Xunta non exerce nin defende a xente do mar”, insistiu a central sindical, que acusou o Goberno galego de “actuar con desidia” e de “incompetencia”.

“E normal que a última reunión co sector nin tan sequera asista o presidente da Xunta? Para nós isto non é normal” 

Acerga afirmou onte após a xuntana  que rematan os peches nos Concellos galegos por parte de varios mariñeiros e armadores que reclamaban unha repartición xusta. Mantense, porén, a acampada ante San Caetano.

 O rexedor de Camariñas chegou a ameazar con pecharse xunto a máis alcaldes se o xefe do Executivo galego non os recibe.

Hoxe haberá unha asemblea para informar dos resultados da xuntanza e definir accións posteriores. Os 35 alcaldes galegos solicitaron unha reunión urxente a Feixoó e manifestaron o seu “apoio a un sector empresarial fundamental” en todas estas vilas.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off