off
Mar e Pesca — 14 Xaneiro, 2016 at 10:36

Representantes do cerco galego reúnense co ministerio de pesca en Madrid

por

Para abordar o reparto das cotas. Hai dous anos o cerco retomaba os protestos ante o ”engano” de Madrid e Xunta nas cotas de xarda e xurelo. O sector do cerco galego son 154 barcos, 1.500 mariñeiros e 5.000 empregos indirectos reflicte, mais unha vez, a necesidade de Galiza contar con peso político. Na altura, centos de mariñeiros de diferentes portos galegos reuníranse en Vigo, curtando o tráfico de entrada e saída no porto do Berbés e marchando en manifestación para acabar diante da sede da Xunta na cidade. O sector cerqueiro  rexeitaba  o reparto fixado en Madrid para xarda e xurelo por entender quer discrimina a Galiza. A deputada do BNG Davila  reprochaballe ao Ministerio que “xogue co sector”  logo facer valer un “talante unilateral que soliviantou a grande parte do sector de cerco galego”.

Hoxe os representantes do sector cerqueiro trasladabanse a Madrid, que é onde se negocia o reparto de cotas. Un paradoxo, xa que Galiza é unha zona altamente dependente da pesca e os criterios de reparto de cotas  non pasan  polo número de tripulantes, os GTS.

Foto: Iria Aboi

Deixar unha resposta

Ten que ser rexistrado para publicar un comentario.

off
A %d blogueros les gusta esto: