off
Música, Obituário, Xente — 11 Xaneiro, 2016 at 11:31 a.m.

Morreu David Bowie, un dos maiores icones da música británica

by

Dende o seu primeiro “hit” ‘Space Oddity’ até Blackstar’, derradeiro traballo, en medio século o músico británico inzou a súa carreira de transformacións. O máis coñecido talvez sexa o seu alter ego Ziggy Stardust.


Do pop psicodélico de Space Oddity(1969) ao glam rock de Ziggy Stardust  , do soul de Philadelphia de  ‘Young americans’ á triloxia berlinesa de ‘Heroes’ (1977) en colaboración con Brian Eno,  da xeira ‘new wave’ de ‘Under pressure'(1981) con Queen ao ‘post-disco’ e ‘dance-rock’ de ‘Let’s dance’. Transformacións todas que o levaron a ser actor protagonista en  ‘The man who fell to earth’, de Nicolas Roeg (1976), ainda que é máis lembrado polo filme  de fantasía kitsch de ‘Labirinto’, dirixida por Jim Henson. Dende os 70, sempre tivera relación coa arte até mesmo interpretar a Andy Warhol no biopic ‘Basquiat’, de Julian Schnabel (1996). En 2004 retirouse dos escenarios. ‘Blackstar’ (2016), foi o seu 25 e derradeiro disco, publicado o 8 de xaneiro coincidindo co seu 69 aniversario, con temas de rock fantasmagórico, acenos de jazz e abstracción electroacústica.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off