off
Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 9 Xaneiro, 2016 at 5:45 p.m.

Mas recua substituido por Puigdemont, alcalde de Xirona

by

“O acordo permite traballar e tirar adiante o país”.Até hai poucas horas Artur Mas defendera con afouteza que non retiraría a súa candidatura á presidencia da Generalitat.


Mas_gencat

O lider de Convergència non fará parte do executivo, facilitando así un acordo coa CUP. O dirixente de Xirona perfílase como novo presidente da Generalitat. “Até hai cinco dias a investidura estaba viva, por iso non renunciei antes”, dixo. Insistiu que estaba todo arranxado para convocar eleccións e que ainda non sabe se continuará como deputado.

Mas afirmou que a CUP deberá asumir os seus erros e que así o tén previsto o acordo. “Que recoñezan os erros e asuman as consecuencias. Da correción dos erros pódense xerar solucións”, quer dicer, ” que haberá deputados e deputadas da CUP que deberán deixar a acta”, vén de afirmar nunha conferencia de imprensa.

“Políticament non é unha decisió doada, mas é unha decisión consecuente”

Tamén engadiu que non se retira da política, ” destinarei os meus esforzos persoais en refacer a fondo CDC e todo o que representa”. Preguntado sobre se asemblea da CUP pode revocar o acordo: “O acordo coa CUP está escrito”. A actual vicepresidenta, proposta tamén pola CUP como presidenciabel,  estará no vindeiro Govern e terá unha “función de relevo”.

Oriol Junqueras afirmou no Twitter Seguim! El futur és nostre, de tots. No ens vàrem cansar, no vàrem abandonar i no ens vàrem rendir. No ho hem fet mai. I mai ho farem”

Jordi Sànchez (ANC), que mediou os derradeiros dias  o proceso de negociación entre JpS e a CUP  afirmou que “o fio de esperanza culminou con éxito”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off