off

NÓS-Candidatura Galega fai un chamado aos que non están dispostos a comprar o paquete electoral do bipartidismo a catro

by

Nós Candidatura Galega remata a campaña electoral cun mitin  nun ateigado Paraninfo da UdC e con centos de persoas de pé e no exterior do espazo


Nun inzado  Paraninfo da Universidade da Coruña, Carlos Callón -cabeza de lista de Nós Candidatura Galega pola Coruña- ao ‘bipartidismo a catro teledirixido’, frase que nestas dúas semanas colleu folgos nos discursos e argumentario de Nós. “O 20D queremos ser a voz de todas e todas as que non están dispostos a comprar o paquete electoral do bipartidismo a catro”, sinalou Callón.

NosCGalega_18122015
Fonte: Nós Candidatura Galega

No acto estiveron presentes os portavoces das formacións que conforman a coligazón: BNG, FOGA, Partido Galeguista, CG e  o PCPG. Segundo Callón a campaña electoral serviu de mostra de que ningunha das outras forzas que concorren a este 20D  poden alicerzar o seu discurso nas problemáticas e necesidades de Galiza xa que só Nós achegou propostas para os sectores produtivos do país e a mocidade dende o territorio e dende a xente. Demostrouse durante as dúas semanas de campaña ningunha forza estatal falou dos problemas reais deste país, ningunha aportou solucións concretas aos nosos sectores produtivos, á mocidade que soporta taxas de emigración que triplican a media, non falaron de que as pensións e os salarios aquí están á cola, pese a estar á cabeza en horas traballadas, non falaron do aforro galego que vai para fora mentres empresas e familias teñen a billa do crédito pechada”, afirmou.

NÓS, salientou Callón, “nunca permitiremos que goberne a dereita, -nin a vella, nin a nova-, queremos contribuír a un cambio real, pero desde nós, sendo quen somos. O gandeiro Suso Caínzos insistiu en que “a mudanza non virá da Complutense e quen reclamou votar Nós “por un prezo xusto”. O mariñeiro do cerco e candidato Manolo Présas, recreouse en Rosalía recitando “Adeus peixes, adeus leite” e proclamou: “acórdate do mar cando vaias votar”.

E Cristina Bajo encargouse de coller a palabra para reivindicar o papel da muller e para apelar a “soñar cunha Galiza feminista”.

Callón abondou na a ‘utilidade’ da papeleta de Nós: “Porque Galiza terá voz soberana en Madrid e porque representamos un cambio para a maioría social”, berrou Callón ante un público que ovacionou ás candidatas.

“Chámannos soñadores porque queremos un país diferente, con traballo, dereitos e benestar, por buscar o cambio confiando nas nosas propias forzas, pois soñemos, porque o 20D Galiza ten que estar e vai estar da man de NÓS-Candidatura Galega!”, exclamou Callón

Dirixíndose ás persoas indecisas que ainda dubidan entre un voto para mudar o goberno ou un voto para que Galiza teña representación nas Cortes afirmou:”Eu dígolles que con Nós-Candidatura Galega poden telo todo, non teñen que renunciar a ningunha das dúas, porque somos garantía de cambio e, ademais, somos o equipo da casa, como antes o foi o BNG”.

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off