off
Galiza, Movementos sociais, Pesca — 16 Decembro, 2015 at 12:01

Chamando urxentemente a todo Sector Pesqueiro e a sociedade galega

por

Pilar Fernández @pilaraymara, que hai meses vén facendo seguimento da crise do cerco, fai un chamamento á unidade de todo o sector pesqueiro, ás miles de familias que dependen dos distintos sectores, ás asociacións ecoloxistas, ás organizacións políticas por mor das consecuencias que ten este Plan para toda a costa galega e para a economía galega en xeral.


 

Cando ian 30 dias acampados. Fonte: Pilar Fernández

Cando ian 30 dias acampados. Fonte: Pilar Fernández

Cando se coñeceu o coste ecolóxico e económico que o proxecto do Corcoesto e da Megaminería para que as multinacionais se levaran o suposto ouro galego, a sociedade civil saliu á rúa, dando, como noutras moitas ocasións, un exemplo de mobilización. En xogo estaba o futuro das augas, da saúde e do ecosistema de milleiros de cidadáns galegos. E gañouse a batalla, porque a sociedade, as organizacións ecoloxistas, as plataformas contra a megaminería… tiñan argumentos, sentido común e o mais importante, tiñan a razón.
Agora, outra gravísima ameaza planea sobre o País. Un Plan de Acuicultura clonado doutros moitos ao redor do mundo; un plan clonado que dende anos está recibindo severas críticas e informes oficiais dende países Europeos que coma nós, viven da pesca e do marisqueo, coma por exemplo Escocia ou Irlanda. Hai dous días, a STV escocesa publicaba unha noticia sobre os serios problemas de toxicidade e insalubridade que veñen xenerando estas piscifactorias, e a pouca regulación existente para resolver estes serios problemas, non só para o peixe que se cria nestas granxas, senón tamén para os exemplares salvaxes. O Goberno escocés, púxose mans á obra.

Cando a noticia deste plan chegou aos meu ouvidos, o primeiro que me veu á cabeza foron varias preguntas: que foi a facer Feijóo en Xapón? Ten esa visita que ver co enorme Plan de Acuicultura que dende a Xunta queren impór, ainda en contra do sentir maioritario dos bateleiros, mariscadores, artes menores…? Quen saca tallada de todo iso? Porque este plan claramente vai perxudicar a TOD@S aqueles que viven do mar e a curto-medio prazo, vai provocar a desaparición de miles de postos de traballos; é mais, os informes que leo de Irlanda e Escocia, e mesmo de Chile, este Plan suporía unha seria ameaza para a saúde dos galeg@s.

A que ven o enrocamento da Conselleira do Mar, Rosa Quintana, en negar, por activa e por pasiva, unha solución ao sector do Cerco galego, que leva acampado case dous meses, diante dos Edificios Administrativos de San Caetano? Será que este Plan tamén tén que ver co proxecto de desguazar mais de 500 barcos de distintas artes?

Que ironía, non si? Que dende a Xunta anuncien a bombo e platillo a promoción para os novos emprendedores, animándoos a que se fagan con barcos de pesca para agora recoller subvencións europeas e desfacerlles as empresas… quen paga as débedas das miles de familias afectadas por estas políticas? A quen defende Rosa Quintana?

Dende a Xunta fártanse de dicir que hai mas cota, hai mas cota, hai mas cota… quen e como se fai o REPARTO, señora Conselleira? Por que non quere un debate público que Acerga ven pedido por activa e por pasiva dende que empezou este conflito? Por que non se quere facer un reparto lineal por tripulante, mais xusto, que sería a solución perfecta, de querer resolver este problema?

Falan de democracia… por que a señora Conselleira non visitou nin unha soa vez aos mariñeiros de Acerga? Por que os ignora? Por que os insulta? Por que esperar ata a lotaria de Nadal para facer o que un responsable político ten que facer: mediar, conciliar, revisar acordos, rectificalos, conciliar, RESOLVER conflitos (non crealos!!)? Que pasa na Consellería do Mar que non hai intención de resolver nada?

Moitos pensamos que se Rosa Quintana non quere resolver nada, debería presentar a súa demisión; moitos pensamos que é algo que debería ter feito, por ética e dignidade hai tempo.Moitos nos preguntamos por que o Sr. Presidente de todos os galegos non toma a decisión de cesala, algo que debería ter feito cando a Sra. Conselleira a pifiou có problema do Sector Leiteiro… Vailles no soldo asumir esa responsabilidade. Mais o que ata agora, e durante mais de 55 días levan facendo dende a Xunta de Galicia é nada mais e nada menos que deixación de responsabilidade.

Algún día saberemos todas as respostas. Mais agora, de xeito urxente, fago un chamamento a todo o sector pesqueiro, ás miles de familias que dependen dos distintos sectores, ás asociacións ecoloxistas, ás organizacións políticas, a xuntarnos todos, informarnos ben das consecuencias que ten este Plan para toda a costa galega, para a economía galega a curto, medio e longo prazo, e sair tod@s xunt@s a decirlle ao Sr. Presidente da Xunta de Galicia que queremos vivir sanamente da nosa costa; a esixirlle ao Sr. Presidente de tod@s os galeg@s, que o seu Plan non é o noso Plan.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: