off
Entrevistas, Política, Televisão — 27 Novembro, 2015 at 8:44 a.m.

A entrevista política en TVE en queda libre

by

televisionOs políticos Iglesias, Rivera, Sánchez e Rajoy están a pescar nos programas da Campos e  da Quintana os cidadáns menos politizados. Ledas de amosarlle a audiencia que ainda aloumiñan o poder. A decadencia da entrevista política na televisión pública tamén vén asinada por Bertín Osborne, cuxa habelencia á hora de preguntar é máis ben limitada En la tuya o en la mía. Porén, logo da enxurrada de banalidades (a que idade perderan a virxinidade e como ligaban, onde ian de vacacións, como exercían de pais e cando foi a derradeira vez que choraran)  o cantante aproveita para guindar a súa ristra de dramas familiares e xamón, picos e patacas Osborne.  E todos felices por nos teren amosado a parte humana do político. Que non hai quen a ature e menos en época electoral. Pablo Iglesias sae mollado da ducha, Sánchez agasalla flores …

Agás na radio de Carlos Alsina, que nun só lance amosou á audiencia a parte humana de Rajoy cando foi quen de facerlle dicir  “…y la europea?

Tele pública balorenta, vulgar e simplista. Unha caricatura colorida e falsa que estes políticos fan de si mesmos.  Simulacro e decorado para todos os públicos xa que todo o que se debería de ver non se ve:  se van de putas ou baten na muller, se esnifan coca ou mexan nas esquinas….

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off