off
Cedeira, Ciencia, Medio ambiente — 23 Novembro, 2015 at 9:25 a.m.

Un modelado científico prevé unha Cedeira sulagada no ano 2050

by

Velaquí  tedes unha fotografía aérea de Cedeira no ano… 2050. En azul, a previsión de asolagamento por aumento do nivel do mar debido ao quencemento global, no suposto de que as cousas continuen ao mesmo ritmo que ata agora.

Modelado de asolagamento previsto para o ano 050
Modelado de asulagamento previsto para o ano 2050
Moitos de nós non o veremos, mais no caso de cumprirse estes modelos científicos, a xuventude de hoxe verá na súa madurez e vellez, como irremediablemente desaparece a praia, na zona da xunqueira cara Régoa formaráse unha lagoa, moitas edificacións afectadas, por non falar de até onde chegará o río cada vez que haxa preamares vivas.

Climate Central’s Program on Sea Level Rise

Non é alarmismo, é un modelado científico a nivel mundial que podedes facer vós mesmos, xogando con diferentes escenarios, nesta web: http://sealevel.climatecentral.org/. Trátase dun programa centrado na elevación do nivel do mar por efecto da mudanza do clima xerando datos precisos sobre os perigos do ascenso e inundacións costeiras do nivel do mar tanto local como globalmente, a medio e a longoprazo. Alicerzado nunha rigorosa investigación primaria, o programa dirixe os seus esforzos a axudar aos cidadáns, comunidades, empresas, organizacións e gobernos en todos os niveis para comprender as consecuencias do quencemento global.

Prepararse e tomar medidas                                                                                                                                                                    

O máis preocupante é que, mesmo na hipótese dunha reducción extrema a nivel mundial das emisións de dióxido de carbono, o mapa apenas cambia, amosando o que veñen dicindo os científicos desde fai moitos anos: que é prácticamente seguro que xa superamos o punto de non retorno e que, polo tanto, o único que se pode facer e tomar medidas para que as consecuencias vaian o máis lentas posibles.

Non por non facer caso da ameaza, esta esvaecerá. Quizáis non estaría de máis ir deseñando un plan de vila, consensuado ao abranguer varias lexislaturas, para ir executando pouco a pouco e sempre na mesma liña, co fin de minguar no posibel  as consecuencias destas prediccións.

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: