off
América, Comunidades Galegas, Politica internacional — 23 Novembro, 2015 at 8:42 a.m.

A dereita de Mauricio Macri gaña na Arxentina e fecha a xeira kirchnerista

by
Casa Rosada
Casa Rosada

A vontade de mudanza dos arxentinos puido máis que o peronismo. O alcalde de Bos Aires derrota ao oficialista Daniel Scioli co 51,4% dos votos, ficou co 48,6,%. O derradeiro goberno non peronista que ocupou a presidencia da Arxentina foi o expresidente Fernando de la Rúa, lembrado por ter abandonado a sé presidencial en helicóptero en decembro d0 2001 en plena crise do “corralito”. Seica Macri quere ser un político conservador diferente, alomenos no que é na súa posta en escena,  eufòrico, bricando, berrando e danzando. De feito,  a súa presidencia do Boca Juniors reportoulle fama de ser bo xestor foi a súa credencial cando decidiu presentarse a alcalde de Bos Aires. A política e o futbo na Arxentina, alén como aquén, van de brazo dado. De feito o futbol  é o grande aliado  de Macri  no  negocio privado e como referente público: é un empresario millonario.

É retrouso na Arxentina que di  que ” ningún goberno non peronista pode gobernar o país”, noameadamente porque os sindicatos son peronistas e poden afogar calquer gobernante. Pasoulle a Alfonsín logo de recuperarse a democarcia en 1983, tendo que aturar unha decena de greves xerais. Está por ver se Macri é quen de defrontar o herdo dunha economia cunha grande inflación e forte inestabilidade.

Juan Carlos Giordano (Deputado Nacional eleito do FIT e  dirixente de Izquierda Socialista) afirmou que  moitos votaran “para mudar, moitas veces coa nariz entupida, para se librar deste goberno non para apoiar as políticas de axuste. E os traballadores e sectores populares eleitores que acreditan que haberá unha “mudanza”, ao longo dos meses non será en favor de persoas que traballan, non para sacar o país da crise actual. Macri, alén do seu discurso, será o presidente que vai gobernar para as grandes empresas e as multinacionais. Giordano fixera un chamado durante a campaña a  votar en branco ou nulo, denunciando tanto a Macri e a Scioli como aos candidatos do axuste.

Indecisos e un peronismo dividido

Talvez a chave destas eleccións foi o voto dos indecisos, mas tamén o fractura do voto peronista antikirchnerista. O kirchnerismo xurdiu vizoso en 2003 como unha corrente dentro do peronismo, movemento político quer de esquerdas, quer de dereitas segundo se dén as circunstáncias, fundado polo tres veces presidente da Arxentina, o tenente xeneral Juan Domingo Perón.

Os derradeiros anos,o  kirchnerismo distanciouse do peronismo tradicional enfrontándose aos seus baróns principais, co que produciu desavinzas e fracturas entre   kirchneristas e  peronistas auténticos. Nesta histórica rolda eleitoral, os votantes peronistas de sempre houberon de escoller entre ser fideis a Perón votando ao oficialista Daniel Scioli, que quer reconciliar todo o peronismo; ou escoller a opción antikirchnerista, liderada por Mauricio Macri, alcalde de Buenos Aires.

Cristina Fernández de Kirchner

A sainte presidenta da Arxentina, Cristina Fernández de Kirchner, abandonará a Casa Rosada o vindeiro dia 10 de decembro. Rematará asín unha das xeiras políticas da Arxentina  de máis suceso para uns ou unha das máis clientelares para outros. A sociedade arxentina está polarizada, xerando tensións políticas e sociais inéditas nos últimos anos. Cando deixe as súas funcións de xefe de estado, Cristina Fernández morará na provincia de  Santa Cruz, de onde era orixinario o expresident Néstor Kirchner.Perderá os aforamentos o que abrirá a posibiliadade de que a xustiza pescude os casos de corrupción que a relacionan a ela e ao seu fillo nunha trama de enriquecemento ilícito. Tamén o seu vicepresidente Amado Boudou, está investigado pola xustiza e imputado nunha decena de causas por tráfico de influencia e enriquecemento ilícito.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off