off
Galiza, Política, Politica espanhola — 20 Novembro, 2015 at 11:11 a.m.

Corenta anos despois da morte de Franco a guerra civil continua a ser unha cuestión impronunciábel

by

escadas_OLLAPARODespois de 40 anos da morte de Franco unha parte importante das sociedades galega e española son incapaces de ollar para atrás. Entre un presente domesticado e un proceso de institucionalización do inactual da guerra civil na realpolitik, o golpe de estado, a guerra e represión  teñen a fasquía dunha lousa de esquecemento. A guerra civil  continua a ser unha cuestión impronunciabel.Porén, afirmaba Maquiavelo, entre outros, a política tende a desaparecer se non hai espazo para a división; aximos como se os conflictos estiveran resoltos, como se estivéramos amnestesiados e  inmunizados (Brossat).

Dicía Walter Benjamin que insensibilidade e amnesia son dispositivos destinados a eludir o pasado da barbarie. Cara que futuro nos proxectamos se só prevalece a política como domesticación e esquecemento?

A imediata vitoria do bando franquista na Guerra Civil tivo unhas características particulares en Galiza xa que os concellos viñan de se expresar en clave nacional e de esquerdas como nunca se vira e o estatuto, que non chegou a ser aprobado en Cortes supuña un desafío, dende o invisibel país de nacencia do ditador, ao principio da unidade de España que alimentaba o réxime.  A potencial belixerancia fíxose acto no imperalismo españolista e cuarteleiro que inzou camiños e corredoiras de foxas comúns.

Fan falta palabras de crianza para explicarmos todo o que se nos agochou da “memoria dos vencidos”. Alguns mesmo comezamos a espreguizar da longa noite de predra preguntándonos  de xeito inxenuo e escolar como debeu ser aquilo de vivir en galego baixo o franquismo. De feito, non sabíamos que viviamos nunha ditadura. E iso foi o pior cando paseniño nos fomos decatando de que nacéramos nunha. Que aquilo das eleccións era un ritual colectivo que pasaba noutros paises.Nin idea de que no exilio houber un señor con lentes chamado Castelao, e menos que había outro sen elas chamado Bóveda.Para facérmonos preguntas como é que falarian os desaparecidos ou que dirian de se lles permir falar. Ao cabo, mesmo había quen tiña coche e quen gorentaba de dias feriados, o Madrid xogaba cada domngo e don Felipe, o médico do seguro, receitávache gotas cando che doian os ouvidos. A maioría dos que na altura eramos nenos morabamos en casas nas que non se respiraba política nin se plantexaba a anormalidade de que na escola nin na radio nin na televisión se falara a lingua que se falaba na casa. Quen eramos pícaros hai corenta anos lembramos o clima de histéria televisiva dos medios madrileños un 20 N de 1975, data oficial da morte do ditador. Morrera ás 4.40 h e a primeiras edicións dos xornais ainda non tiveran tempo de apañar a noticia. A xente enterouse ás 6.12 h da mañá. Himno español e musica clásica  ininterrompida. Non tiñamos escola, só un dia, mas un mes enteiro de “duelo nacional”. Moitos anos despois soubemos que andaban enguedellados en que a data da morte do ditador coincidira coa do outro, José Antonio Primo de Rivera( fundador da Falanxe fusilado o 20 de novembo de 1936). De la Cierva dí que  “aquellos días yo palpaba el ambiente esotérico a alturas poco creíbles ”.  Tan pouco creíbles como os da actual televisión pública que mostra o perfil humano do ditador e obvia a parte cruenta do seu perfil e da súa ditadura.

Gorentarmos da desaparicion do ditador non pediu pór de relevo que morrera ao quente na cama. Amplas camadas da resistencia politica e da poboacion tiňan asumido que a queda do rexime produciriase coa morte do ditador.Mas en corenta anos non foran capaces de derrocalo.Asumirase o seu esgotanento mas este produciuse aos poucos pola acción politica de minorias resistentes,ao contexto europeo e á evolución económica. De feito, as outras ditaduras da contorna, a portuguesa e a grega, implosionaban. A Guerra Civil tornábase impronuciabel. Interiorizado o tabú foronse inoculando, naturalizando e deturpando nocións e conceptos que se tornaran lastres pouco acaídos nas tradicións democraticas.Un dos máis salientables o da lei convertida unha fin en si mesma, o legalismo ideolóxico decote denominado “imperio da lei”.Eis a xerarquización dos poderes do Estado, coa total hexemonia do executivo sobre os outros, a fasquia da impunidade(a permisividade coa corrupción) e as maiorias absolutas como obxecto do desexo. A linguaxe inzada de pousos franquistas mostra a concepcion autoritatia do poder instalada na sociedade, nos medios e nos partidos.Unha fascinacion pola autoridade, canto máis unha indiferencia e desgabo pola politica( das “silandeiras maiorías”).

A persistencia de acenos propios da mediocridade dun rexime castrense súmase aínda a negativa da dereita a condear o fraquismo. En tal caso,é serio que a imprensa madrileña destes dias esté a deixar unha esteira tan pegañenta como esotérica de franquismo sociolóxico que se cifra máis na virulencia amosada na cuestión separatista  que na efeméride en si, balorenta e ainda ensebada de pronunciamentos e misas. Un pouso da vella fasquía fraguiana que  bramaba contra o separatismo e as falsificacións  que levaron a  crear “ en ciertas regiones españolas nuevas ramas de las Bellas Artes “. Ao cabo, quen fora ministro de progaganda do franquismo acabou por se instalar por sufraxio univesal na Xunta de Galicia logo de que milleiros de rapaciños españois (escolares de catorce anos di o texto editado por Doncel) foran adoutrinados nos sesenta e setenta ( nos “principios fundamentales del Movimiento Nacional entendidos como comunión de los españoles en los ideales que dieron vida a la Cruzada “) a partires do seu libro  Estructura política de España. Para o propagandista Fraga a solución era a democracia orgánica, adaptación da sociedade estamental e corporativa  baseada no rol que que cada un ten na sociedade e non na representación alicerzada na vontade das persoas. A democracia orgánica seria o franquismo por outros medios. Por aquí sabemos moito dese organicismo e da historia dos vencedeores. Por iso facemos noso o desexo de Dionisio Pereira: “precisamos  máis ca nunca historiadores e historiadoras identificados co país,  coas súas capas populares e co seu tempo; homes e mulleres que entenderan a Historia como unha boa compañeira, que transmitira mensaxes esperanzadas para toda a xente oprimida, eiquí e agora”.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off