off
América, Comunidades Galegas, Galiza, Historia — 13 Novembro, 2015 at 12:10

“Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns”, congreso no Ateneo Ferrolán

por

cartaz_ateneoferrolanMañá venres ás 19:30h. comeza coa conferencia inaugural a cargo do escritor Xosé Neira Vilas o congreso “Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns” organizado polo Ateneo Ferrolán até o domingo 15 de novembro.  Durante a fin de semana  máis de vinte ponentes reflexionarán sobre “historias comúns” da relación entre Ferrol-Cuba-Galiza, desde as asociacións de emigrantes cubanos e o seu ideal educativo até as historias de vida e o exilio. O sábado, de 13:45 a 14:00 proxectarase o video“A Sociedad de Instrucción y Recreo Naturales del Ayuntamiento de Fene”, de Guillermo Llorca. Na sesión da tarde do sábado, de 18:15 a 19:45 Sixto Gómez Echemendia  ” Historia presente e futuro das asociacións de emigrantes galegos en Cuba: o caso de Ferrol e a súa comarca” seguido e  Bernardo Máiz Vázquez. Prófugos, Desertores, Rebeldes, Combatientes”. Na sesión de maná do domingo Uxío Breogán Diéguez disertará sobre “Galiza en Cuba, ou o deseño no caribe da terra soñada (1917-1961)” e contra das 13:00, xa para clausurár o congreso mesa redonda “Cuba na literatura galega” coa participación de Xavier Alcalá, autor de “Habana Flash” e Marcelino Fernández Mallo, autor de “Pallarega”.
De xeito paralelo ao Congreso haberá tres exposicións temáticas en horario de luns a venres de 11 a 13,30 h. e de 17 a 21 h(sábados de 10,30 a 13,30 h) que estarán nas salas de exposicións do Ateneo todo o mes de novembro.

“Luces de alén mar” do Consello da Cultura Galega. Unha exposición en paneis que fai un relato cronolóxico e xeográfico sobre a historia da emigración a Cuba e a súa pegada tanto na sociedade cubana como na sociedade galega.
 “Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns” comisiarada polo propio Ateneo.

“Recordos da emigración en Cuba” (exposición de obxetos)
  


Para saber máis na web do Ateneo:

http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/search/label/Congreso%20Ferrol-Cuba-Galiza

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: