off
Europa, Mar e Pesca, Movementos sociais — 10 Novembro, 2015 at 12:52 p.m.

Iniciativas en defensa do sector cerqueiro

by

Hai case que catro semanas que a flota galega do cerco-120 barcos integrados na Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (Acerga)- permanece amarrada poR consideraren un “inXusto” reparto  das cotas en España. Os afectados por este reparto piden un outro criterio, que pasen a seren liñais, por barco e tripulante.

Por unha pesca digna, Feijóo demisión“, lese nunha faixa da acampada

©Praza
CC BY-SA Praza

A representante do BNG no parlamento europeo, Ana Miranda, trasladou o dia 4 – ao Comisario de Medio Ambiente, Asuntos Marítimos e Pesca da UE  a “crítica” situación que atravesa o cerco debido  un reparto de cotas acordado en  2013 que “perxudican” os cerqueiros fronte a  flota vasca e cántabra.As demandas do sector non mudaron nos dous anos transcorridos. Lembros as mobilizacións masivas de mariñeiros e as súas familias que acabarn sendo disoltas con cargas policiais ás portas do Parlamento. Tamén Lidia Senra de AGE,   exporá diante dunha delegación de Acerga as demandas do sector perante o comisario de Pesca comunitario, Alain Cadec.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off