off
Cedeira, Mar e Pesca, Xente — 9 Novembro, 2015 at 9:56 a.m.

Xerardo Martínez pesca un bicudo de 6,2 quilos

by

A federación de pesca submariña peritará a captura  con báscula regulamentaria para comprobar se hai un posible record mundial. Martínez pescou un sargo ou bicudo (diplodus puntazzo) de 6,200 quilos nas fértiles augas do mar de Cedeira.


 

A captura do mergullador cedeirés vén poñer de relevo a importancia das boas prácticas extractivas, as avantaxes da pesca controlada e das reservas mariñas como SARGO-20151109-martinez_OLLPAROa de Cedeira. Tradicionalmente as capturas en peixe de pedra, robalo,  pinto e sargo (coñecido en Cedeira por “bicudo”, non confundir co homónimo pequeno peixe longo como unha sardiña e ainda máis fuciñudo)  foron abondosas e frecuentes nestas augas e en todo o litoral galego. Porén, trátanse de peixes de dificil captura coa pesca tradicional.Por iso son necesarias as reservas, para recuperar tallas e pesos. A pesca abusiva e desaprensiva obrigou a reducir e limitar a menores pesos e tallas.Por iso precísanse medios para vixilancia e control para preservar unha biodiversidade única que cómpre afortalar como fonte de riqueza, fóra do alcance das prácticas desapresensivas ou falsamente deportivas.

Este peixe acantopterixio de cor prateada e carne branca é probablemente o Diplodus puntazzo. ‘Parecido á pragueta‘(ou chaparaña), así o describía  Sarmiento (1746-1755c).

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off