off
Galiza, Movementos sociais, Política — 8 Novembro, 2015 at 11:59 p.m.

4000 persoas participan nas primarias de IxU

by

E escollen a Carlos Callón como cabeza de lista ao Congreso pola Coruña, ratificando a Olalla Rodil, Noa Presas e Carme Adán á fronte das candidaturas de Lugo, Ourense e Pontevedra.


nós_candidaturagalega_logoIniciativa pola Unión cualificou de “éxito rotundo” as primarias aberta de Nós-Candidatura galega. Carlos Callón na Coruña, Olalla Rodil en Lugo, Carme Adán en Pontevedra e Noa Presas en Ourense serán as cabezas de lista de Nós – Candidatura Galega ao Congreso dos Deputados.  

“un exemplo de como se constrúe, desde a propia sociedade, una candidatura de base cidadá, plural e co centro de decisión no noso país, chamada a ser a representación soberana da sociedade galega nas Cortes españolas. É preciso mudar as cousas, defender ás maiorías sociais e conquistar o dereito a una vida digna para todas as persoas, e queremos facelo desde nós, como galegas e galegos de nación, a través dunha representación propia de Galiza en Madrid”, afirmaron desde IxU

Carlos Callón como o candidato escollido pola provincia da Coruña, que se impuxo cun 65% de apoio sobre Tereixa Novo, que obtivo o 32% .

Votou  70% por cento das persoas censadas- de 5800 en todo o país e na emigración- participaron este domingo nunhas primarias froito do proceso social que a plataforma Iniciativa pola Unión desenvolveu ao longo dos últimos meses para a conformación dunha candidatura galega de base cidadá para as eleccións xerais do 20D.

A votación desenvolveuse a través de 144 mesas establecidas no conxunto do territorio galego, ás que sumou a mesa telemática do voto online.

nós_candidaturagalegaO alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, foi o candidato máis votado da súa provincia, en tanto na Coruña a actriz Isabel Risco resultou a candidata máis votada, seguida do escritor e ensaísta Suso de Toro. No caso de Ourense e Lugo as persoas que figurarán no número 2 da lista serán a concelleira en Oímbra Perfecta Losada e o sindicalista agrario Xosé Antón Ledo.

Para as candidaturas do Senado, Xosé Luís Rivas “Mini” (músico e ex alcalde de Boimorto) pola Coruña, a atleta Alba Cuba por Pontevedra, Rosana Prieto (guía turística na Ribeira Sacra e portavoz do BNG en Pantón) por Lugo e Diego Lourenzo (tenente alcalde do Concello de Verín) por Ourense foron as persoas máis votadas.

A CORUÑA

75,03% DE PARTICIPACIÓN

CABEZA DE LISTA AO CONGRESO:
CARLOS CALLÓN: 1197 (65,84%)
TEREIXA NOVO: 585 (32,18%)

VOTOS EN BRANCO: 29 (1,60%)
VOTOS NULOS: 5 (0,28%)

LISTA AO CONGRESO:
ISABEL MARTÍNEZ-RISCO VALDIVIESO: 1355
TEREIXA NOVO ARROJO: 1110
XESÚS M. DE TORO SANTOS: 1084
ELVIRA SOUTO PRESEDO: 951
LUCÍA VECINO SOUTO: 735
DJYBY FALL: 523 VOTOS
MANUEL PRESAS NAVARRO: 417
NATALIA TARELA BECERRA: 268

VOTOS EN BRANCO: 27
VOTOS NULOS: 6
LISTA AO SENADO:
XOSÉ LUÍS RIVAS CRUZ : 1340
SECUNDINO GARCÍA CASAL: 919
VANESSA NIEVES NIETO: 553
MIGUEL ANXO ABRAIRA SOBRADO: 442

LUGO

60,71% DE PARTICIPACIÓN

CABEZA DE LISTA AO CONGRESO (OLALLA RODIL): 444 (96,74%)
VOTOS EN BRANCO: 12 (2,61)
VOTOS NULOS: 3 (0,65%)

LISTA AO CONGRESO:
XOSÉ ANTÓN LEDO PAN 252
MONTSERRAT PORTEIRO SÁNCHEZ 147
XOSÉ PALEO RODRÍGUEZ 52

VOTOS EN BRANCO: 8
VOTOS NULOS: 17
LISTA AO SENADO:
ROSA ANA PRIETO FLORINES 318
ORLANDO GONZÁLEZ CRUZ 277
LUÍS LÓPEZ MELLE 201

VOTOS EN BRANCO: 4
VOTOS NULOS: 2

OURENSE

PARTICIPACIÓN 64,69%

CABEZA DE LISTA AO CONGRESO (NOA PRESAS BERGANTIÑOS): 341 (94,46%)
VOTOS EN BRANCO: 20 (5,54%)
VOTOS NULOS: 0

LISTA AO CONGRESO:
PERFECTA LOSADA SOTELO 217
FERNANDO ALONSO LORENZO 61
XESÚS MANUEL SUÁREZ GARCÍA 65
VOTOS EN BRANCO: 9
VOTOS NULOS: 14

LISTA AO SENADO
DIEGO LOURENZO MOURA 254
CARME BOLAÑO VÁZQUEZ 223
F. XABIER GONZÁLEZ SOTELO 107

VOTOS EN BRANCO: 8
VOTOS NULOS: 2

PONTEVEDRA

70,06% DE PARTICIPACIÓN
CABEZA DE LISTA AO CONGRESO:
MARÍA DO CARME ADÁN VILLAMARÍN 1238 (90,56%)

VOTOS EN BRANCO: 103 (7,54%)
VOTOS NULOS: 13 (0,94%)
LISTA AO CONGRESO:

MIGUEL ANXO FERNÁNDEZ LORES: 913
MIRIAM RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ: 690
ALBERTE LAMAZARES CASERO: 624
MARÍA POUSADA PACHECO: 379
HELENA PÉREZ FERNÁNDEZ : 360
TEBA CONDE HERREZUELO: 319
DAVID TORRES MASCATO: 216
SEGUNDO GONZÁLEZ GONZÁLEZ: 181

VOTOS EN BRANCO: 15
VOTOS NULOS: 7

LISTA AO SENADO:

ALBA CUBA DORADO: 828
XOSÉ COLLAZO CASTRO: 622
VALENTÍN GARCÍA BÓVEDA: 476
DAVID TORRES MASCATO: 239
ERNESTO VÁZQUEZ-REY FARTO: 189
CARLOS VILLAR GUTIÉRREZ: 83

VOTOS EN BRANCO: 39
VOTOS NULOS: 21

DATOS TOTAIS
PERSOAS VOTANTES 4022
A Coruña 1818
Lugo 476
Ourense 361
Pontevedra 1367

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: