off
Ecoloxía, Editorial, Globalização, Meio ambiente, Opinião — 7 Novembro, 2015 at 7:35 a.m.

Mau agoiro para a cimeira da mudanza do clima

by

Map_world_climate_zones_(simplified_to_10)-fr.svgNun informe da ONU apresentado hai unha semana os compromisos acadados até o de agora- avaliaronse as propostas de 146 paises que suman o 86% das emisións globais- deitan un aumento de 2,7 graus de aquecimento.

Os optimistas afirman que é un paso avante respeito ao realizado.Os pesimistas, porén, que as propostas son insuficientes e lévannos á desfeita.

En menos dun mes será a cimeira contra a mudanza do clima de París, mas non está asegurado que se poda acadar un protocolo que substitua o caducado de Kioto. As negociacións continuan mas o fracaso da reunión preliminar de Bonn de hai dúas semanas presaxia o pior. O coñecido é ben coñecido: trátase de que todos os paises se comprometan a reducir as súas emisicións de CO² para que a suma de todas as medidas  impida que a temperatura da Terra aumente dous graus ao longo do século XXI. As consecuencias  do aquecimento do planeta estanse a padecer en forma de contaminación letal e a ondaxe de calor de cada verán mostran segundo algúns expertos  o que nos espera.

Grande parte do que se tiña avanzado perdérase porque os paises en desenvolvemento, liderados pola India, exixiran que voltar ao punto de saida. Quer dicer, a faceren unha nídia distinción entre os paises desenvolvidos, que foran os principais causantes das emisións até o de agora, e aqueles paises, nomeadamente do subcontinente asiático, precisan ainda moitos investimentos e enerxía para asegurar a saída da pobreza das persoas.

Eís o punto chave: quen paga. Os paises que se desenvolveron a través do uso intensivo dos combustíbeis fósiles están dispostos agora a subsidiar o desenvolvemento sustentabel dos máis pobres para evitaren o pior. o mal maior do aquecimento global?

O Volkswagengate  e a desleixada resposta da UE  reducindo os límites das emisións dos motores diésel por presión dos paises fabricantes amosan as eivas do modelo. Ao mau exemplo seguirán os grandes discursos conciliadores da cimeira. Talvez para agochar que non hai moito que celebrar.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off