off
Ciencia — 7 Novembro, 2015 at 12:15 p.m.

A NASA publica  un vídeo da actividade do Sol filmado en ultra-HD

by

Ultra-HD, duas veces a resolución  de alta definición. O vídeo mostra a actividade solar, a combustión, as labaradas e os seus campos magnéticos expide a estrela. As imaxes apañadas polo telescopio do Observatorio Solar Dinámico (OSD), foron tratadas con cores. Malia a cor non ser real, a plasticidade artísca do video permitelle aos científicos facer visibel o que non se pode aprezar coa vista.

A temperatura da superficia solar é por volta dos 5.500 graus; no núcleo, onde se producen permanentes reaccións nucleares, a temperatura acada os s 15 milóns de graus. A enerxía liberada ten as proporcions do univeso, o equivalente a 100.000 millóns de toneladas de dinamita por segundo, nunha composición de hidróxeno e helio, e en menos cantidade, de nitróxeno, ferro, silice, oxíxeno,  neón e magnesio.

O fin do Sol, de aquí a 5000 millóns de anos será tamén o da Terra. Mália os 150 millóns de quilómetros que os afastan, a luz do Sol só demora uns 8 minutos e 20 segundos en chegar até a Terra. Porén, malia a chegada da luz xerada é mesmo instantánea, a enerxía e a luz producidas pola núcleo precisan millóns de anos para atravesar a estrela e agromar á súa superficie.

Fai viabel a vida na Terra, mas as treboadas magnéticas que se producen na superficie da estrela (as nódoas escuras) xeran unhas labaradas que por mor da atmosfera terrestre non son mortais, limitando a súa afectación ás comunicacións, ainda que o seu efecto foi letal en Marte, producindo unha mudanza do clima que fixo do planeta veciño, orixinalmente  cálido e húmido, un deserto frío e ermo.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off