off
Economía, Mar e Pesca, Movementos sociais — 6 Novembro, 2015 at 10:03 a.m.

Os mariñeiros do cerco arranxan unha mobilización nacional en Compostela

by

Tamén irán a Bruxelas para tentar anular un reparto inxusto de cotas que prexudica Galiza e a súa frota. No entanto, a TVG  anunciaba que abandonaban os protestos, o que Acerga desmentiu.


 

viaCIG citroen-cerco-galegoO campamento leva plantado diante da Xunta dúas semanas pedindo un xusto reparto de cotas. Porén, a TVG anunciaba que esta segunda feira voltaban ao mar como consecuencia dos contactos e compromisos acadados polo sector co Ministerio de Pesca. Porén, a impulsora dos protestos, Acerga, asociación de armadores do cerco de Galiza, manifestou que non era certo o que TVG publicara xa que  “mantemos o campamento e non hai nada de volver ao mar”. O dia 10  unha delegación de cerqueiros irá a Bruxelas para expor as súas demandas e reivindicacións e que o dia 15 haberá unha manifestación nacional en Compostela en apoio ao sector.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off