off
Ciencia, Educação, Normalización lingüística — 4 Novembro, 2015 at 9:54 a.m.

Videoconferencia de Xurxo Mariño: “A máquina que construe a mente e a realidade”

by

Co motivo do “Día da Ciencia en Galego”, este mércores 4 de novembro entre as 12:30h e as 13:30h Mariño responderá a preguntasdo  alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato.


videoconferencia-vi-dia-ciencia-en-galego“Como funciona a mente?”, “A onde vai o “eu” cando durmimos?” ou “Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente?”, afondando “na complexidade do encéfalo humano, a máquina na que miles de millóns de neuronas utilizan a electricidade para se comunicaren e, dese xeito, crear a mente e a realidade”. Ao cabo, o que somos cada un de nós, o que percibimos, o noso “eu”, as emocións cotiás, todo iso é unha construción elaborada por unha “máquina” que levamos dentro do cranio: o encéfalo. Aí dentro temos miles de millóns de células, as neuronas, que utilizan a electricidade para comunicarse entre elas e, dese xeito, crear a mente e a realidade. Como funciona esa máquina da mente? A onde vai o “eu” cando durmimos? Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente?

Xurxo Mariño Alfonso é  biólogo e Doutor en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela (1998), profesor do Departamento de Medicina da Universidade da Coruña. A videoconferencia, organizada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e a Universidade da Coruña ten como título “A máquina que constrúe a mente e a realidade”.

 

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off