off

Só BNG e Podemos aproban no primeiro informe elaborado por +Democracia

by

BNG (5,7), por diante de Podemos (5,5).O estudo realizouse sobre os 14 partidos políticos con representación parlamentaria  e ponderáronse 41 indicadores, que atinxen todos os aspectos do funcionamento interno dos partidos. Ningún partido en España cumpriría coas normas de funcionamento requiridas en países como Alemaña ou Gran Bretaña.


 

+democraciaO estudo mide variables como a democracia interna ou a selección de candidaturas. O informe foi apresentado hoxe en Madrid sob o título “Primeiro Ranking de Calidade Democrática dos partidos políticos españois”. Trátase dun traballo de pesquisa desenvolvido por José Antonio Gómez Yáñez, profesor de Socioloxía da Universidade Carlos III de Madrid e vicepresidente de +Democracia como investigador principal, que contou coa colaboración de Manuel Villoria, catedrático de Ciencia Política da Universidade Rei Juan Carlos. Todos os partidos dispoñen dunha declaración de dereitos de afiliados,porén, só PyD, ICV e BNG recoñecen o dereito dos seus afiliados á discrepancia.

Nesta primeira edición (o informe publicarase con carácter anual) destaca como principal conclusión a baixa calidade democrática dos partidos políticos españois en comparaza cos estándares da Alemaña ou Gran Bretaña.

Tan só dúas formacións, Bloque Nacionalista Galego (BNG) e Podemos, aproban o exame de calidade democrática, ao obter respectivamente 5,7 e 5,5 puntos de valoración global sobre 10.

O duopolio PP e PSOE teñen cualificacións baixas. O PSOE obtén un 4,3 de valoración global, só superando o aprobado en materia de información pública. O PP obtén un 2,3 de valoración global, liderando o ranking pola cola xunto a Uniu Democràtica de Catalunya (UDC) e os seus antigos socios de coalición, Convergència (CDC).

As chamadas novas forzas emerxentes Podemos (5,5 en valoración global) e Cidadáns (4,0 puntos en valoración global) logran superar o aprobado en materia de elección de candidatos, mas non nun capitulo chave como democracia interna.

Trátase dunha puntuación obtida analizando a información pública sobre 41 indicadores, agrupados e ponderado en cinco capítulos: democracia interna, sistemas de selección de candidatos, dereitos dos afiliados e a súa protección, información pública sobre o partido e publicidade dos códigos éticos.

Partidos Políticos

Valoración 

Bloque Nacional Galego (BNG)

5,7

Podemos

5,5

Iniciativa per Catalunya Verds (ICV)

4,8

Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC)

4,3

Partido Socialista Obrero Español (PSOE)

4,3

Esquerra Republicana de Catalunya (ERC)

4,1

Unión, Progreso y Democracia (UPyD)

4,0

Ciudadanos

4,0

Izquierda Unida (EU)

3,8

Coalición Canaria (CC)

3,8

Partido Nacionalista Vasco (PNV)

3,5

Convergència Democràtica de Catalunya (*CDC) (Convergents)

2,8

Partido Popular (PP)

2,3

Unió (UDC)

2,3

 

Se che interea saber máis podes descarregar  o informe nesta ligazón.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off