off
Galiza, Movementos sociais, Opinião, Política — 1 Novembro, 2015 at 10:20 a.m.

Impedimentos para a unidade

by

Cero: Breogán Riobóo, secretario xeral de Podemos Galicia, no programa VíaV 862: “A condición de Galicia como nacionalidade histórica xaXason_Medea_un_OLLAPARO está ben recollida na Constitución e no Estatuto de Autonomía”. Un: cando o BNG anuncia en xullo que renuncia ás súas siglas para participar dunha candidatura galega de unidade, Yolanda Díaz (EU) manifesta que o BNG “ten que facerse a un lado”. Dous: no exitoso 25 de xullo unitario, convocado por un grupo cívico plural sen adscrición partidaria, Anova e Podemos deciden non participar como organizacións. Tres: a convocatoria conxunta dun grande encontro nacional para o 12 de setembro, de participación individual, non sae adiante porque Anova e EU manifestan as súas reservas tres días antes, nunha reunión preparatoria do mesmo. Catro: Rafa Cuíña, alcalde de Lalín e membro da Executiva de Compromiso por Galicia, revela publicamente o veto de Podemos e EU á incorporación de CxG ao preacordo asinado entre Anova, EU e Podemos. Cinco:  á presentación pública en Galiza dese preacordo –anunciado desde Madrid polo secretario de organización de Podemos, Sergio Pascual- os partidos asinantes convidan ao Encontro pola Marea Galega, mais non á plataforma social Iniciativa pola Unión (IpU). Seis: cando a IpU propón ao Encontro pola Marea Galega que a xuntanza de partidos prevista para o venres 16 de outubro sexa de carácter aberto a quen quixer participar dela, o Encontro négase, aducindo problemas organizativos. E cando IpU propón adiar a xuntanza para solventar eses problemas e garantir unha reunión sen exclusións, a portavoz do Encontro pola Marea realiza, unilateralmente, unhas declaracións públicas ese mesmo día que rebentan calquera posibilidade de acordo.

Quen quixer coñecer de primeira man as tentativas de confluencia da IpU co resto de actores, só ten que entrar no espazo web polaunion.gal

Cadaquén poderá contrastar e tirar conclusións, mais non parece que o conxunto de feitos descritos . contribuísen nestes meses para a construción do que unha parte importante da sociedade galega demanda: unha candidatura unitaria para as eleccións xerais. Porén, para o colaborador de La Voz de Galicia, Lourenzo Fernández Prieto, nun artigo publicado nese medio a semana pasada, todos eles carecen de importancia. Coma el, algúns outros. Para eles o “malo da película” está definido no reparto mesmo antes de esta comezar, e chámase BNG. Trátase de ver como poden xustificar o relato, aínda que para iso haxa que realizar unha distorsión groseira da realidade. Dáse a circunstancia, a maiores, da coincidencia temporal deses artigos con declaracións, exactamente no mesmo sentido, de dirixentes de Anova e de Esquerda Unida. Outra volta, que as persoas interesadas contrasten e tiren conclusións por si mesmas. Quen quixer coñecer de primeira man as tentativas de confluencia da IpU co resto de actores, só ten que entrar no espazo web polaunion.gal e ler o documento Repaso do traballo de IpU en favor da unidade.

Desde abaixo e desde nós, sen negociarmos nomes nin contidos en Madrid

Unha candidatura unitaria galega constrúese desde Galiza e para Galiza, sen exclusións. O resto son gañas de marear e de escenificar como galego e cidadá un acordo negociado en Madrid, hai meses, entre as cúpulas dirixentes dos partidos de AGE e Podemos. Non o dicimos nós, fórono contando actores do propio proceso -como Rafa Cuíña ou o colectivo Bases Podemos- alleos ao BNG. Non temos nada que dicir ao respecto, é lexítimo que se faga iso e que se faga así. Ocorre, simplemente, que nós estamos por outra cousa. Estamos por un proceso social amplo e aberto que sume persoas, colectivos e forzas políticas en favor dun obxectivo común. Tentamos, desde a Iniciativa Pola Unión, impulsar unha candidatura unitaria galega para conseguir unha ampla representación parlamentar nas Cortes españolas, plenamente soberana, para axudar a mudalo todo, no social, no económico e no nacional. Desde abaixo e desde nós, sen negociarmos nomes nin contidos en Madrid. E pensamos que da construción desa candidatura debe poder facer parte quen quixer, porque a unidade non ten donos, nin admite vetos. Ninguén lle pode poñer dereito de admisión. Desde o BNG imos seguir, por iso, coa man tendida até o último minuto, mais tamén sen pausa no traballo para a facer posíbel. O proceso de primarias da IpU está aberto, con máis de 3.000 persoas anotadas nos primeiros 10 días, e con actos de presentación por todo o país.  Esa enerxía viva, en común, vai seguir medrando vila a vila, porque sabemos, con Curros Enríquez, que na unión das boas e dos bos galegos, está da patria o porvir.

Artigo tamén publicado no Sermos Galiza

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off