off
Literatura — 5 Outubro, 2015 at 11:55 a.m.

Ledicia Costas gaña o “Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil” con Escarlatina, a cociñeira defunta

by

Escarlatina_cociñeiraO libro editado por Xerais ten acadado a 4ª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014, o Fervenzas Literarias ao Mellor Libro Infantil 2014, o Premio Fervenzas Literarias á Mellor Portada de LIX 2014, o Neira Vilas ao mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014.

A viguesa Ledicia Costas (1979) escribe desde que ten memoria. A súa estrea foi  na colección Fóra de Xogo (Xerais)  coa novela “Unha estrela no vento” (Xerais 1999), obra escrita en plena adolescencia e que foi traducida ao catalán.

“Síntome poeta con alma de equilibrista, porque recito nos lugares máis propicios á caída: no autobús, no supermercado, nos bares, en tendas de conxelados…”

Na colección Abismos, xunto con outras 24 narradoras, publicou o conto Negrita no volume “Narradoras” (Xerais 2000). A segunda novela cheou en 2012, tamén en Xerais, “O corazón de Xúpite”e a terceira, intitulada “Recinto Gris”, dous despois.

A xeira de premios comezou en 2014 ao gañar o Premio Merlín de Literatura Infantil con “Escarlatina, a cociñeira defunta” (Xerais, 2014).

Como poeta fai parte do colectivo Poetas da Hostia e ten publicado en obras colectivas como  “Isto é un poema e hai xente detrás” (Espiral Maior e Xunta de Galicia), Premios de Poesía, Relato Curto e Tradución da Universidade de Vigo (Xerais), “Pel con Pel” (Editorial Galaxia), “Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís” (A Nave das IDeas). Individualmente teño publicado o poemario “Xardín de Inverno”.

Sinopse de “Escarlatina, a cociñeira defunta”.Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off