off
Galiza, Movementos sociais, Política — 11 Outubro, 2015 at 5:46 p.m.

As Mareas e IxU farán unha convocatoria conxunta aos partidos que se pronunciaran a prol dunha candidatura de unidade

by

As Coordinadoras de Encontro Cidadán por unha Marea Galega e de Iniciativa pola Unión veñen de celebrar unha reunión que reafirma a vontade de avanzaren na construción de unidade popular que remate na articulación dunha candidatura galega unitaria. Nesa xeira procuraranse metodoloxías que permitan a participación directa da cidadanía e o inmediato chamado aos partidos que se pronunciaran a prol dunha candidatura de unidade que favoreza a mudanza para constituír de forma inmediata un foro político no que acordar os aspectos esenciais que permitan a construción desa arelada candidatura de Unidade Popular.

 

off