off
Ecoloxía, Galiza, Meio ambiente, Opinião — 23 Outubro, 2015 at 6:31 a.m.

Cazadores PORCOS, xabarís BRAVOS

by

“Cóidate dos medios de comunicación, farán que ames ó opresor e odies ó oprimido”

Malcolm X

A caza non a practican os deportistas, practícana “desaprensivos”.

Nos países con e sin estado propio do chamado “primeiro mundo” é imposíbel considerar a caza unha necesidade para alimentarse, pois  é coñecido con base científica que as persoas podemos vivir sin consumir carne, e, por outro lado, unha persoa que non sexa vexetariana ou vegana pode comprar no mercado unha gran variedade de carnes sin necesidade de coller a escopeta, ir ó monte a cazar, e chamarlle “deporte” a un “crime”.

As sociedades de caza reciben subvencións da Xunta da Galicia e dos organismos provinciais. A maioría dos afectados polos “males” que causan os xabarís na súa leira non reciben nin un euro para compensar as perdidas, pero, as asociacións de caza tampouco destinan nin un só euro das subvencións que reciben a axudar ós afectados. En canto un afectado fai pública a súa queixa, estos “deportistas” non tardan nin 24 horas en solicitar á Xunta un permiso para facer unha batida baixo o argumento de que o fan para axudar ós labregos, curiosamente, a eses mesmos labregos ós que as asociacións de caza non axudan económicamente destinando parte das súas subvencións ós afectados.

O número de cans de caza abandoados crece, polo tanto os porcos non son os xabarís. Será o xabaril quen maltrata ó can de caza ou será o “deportista”? En canto o can deixa de ser útil para o cazador, deixa de ser un compañeiro de “deporte” e pasa a ser un obxecto no que a maioría de cazadores non teñen reparo en zoscarlle ou en abandoalo para non ter que facerse cargo da súa alimentación.

2 - CazaO pasado día 19 de outubro do 2015, morreu en Laza un policía cando estaba cazando. O xabaril recibiu varios tiros, o cazador achegouse confiado en que o animal estaría morto, pero o xabaril arremeteu contra o cazador e seccionoulle a femoral. Desprezo a caza, pero non gozo coa morte de un cazador. Creo que é unha morte, como moitas outras, que poderían ser evitadas doadamente.

Dende o meu punto de vista, diversos medios de comunicación fan un enfoque interesado do acontecemento, donde poñen ó xabaril como agresor e o cazador como vítima. A TVG é o medio que recibe o premio dando ese enfoque. Por exemplo, de esta volta, tamén emitiu unhas imaxes donde varios xabarís campaban as súas anchas por unha rúa, alimentando así o medo da sociedade a ollar un xabaril aínda que esté a 100 metros. Os animais atacan cando se sinten ameazados, no caso mencionado, o xabaril non tería atacado a ese cazador si non lle tiveran disparado. Non falan do medo que teñen moitas persoas que van ás setas e escoitan tiros e cans preto de eles, un medo xustificado tendo en conta que poden recibir un tiro de un cazador o ser confundidos cun animal. Xa ten pasado.

Se a morte de un cazador está causada por un xabaril, aproveitan moitos medios de comunicación para alimentar o medo da sociedade contra os xabarís. Cando un xabaril entra nunha leira e esnaquiza parte -aínda que sexa moi pequena- da plantación de un labregho, aproveitan os cazadores para solicitar unha batida. Cando o xabaril anda por unha rúa -que rara vez acontece- xa é noticia morbosa para esos medios e maquillan ó xabaril como un animal que está no noso territorio, nun territorio no que non debe estar e que a única solución a iso é de novo, facer unha batida e matar por matar. Curiosamente, esos medios non maquillan ós palistas que arrasan con medio monte como un ser que está en territorio erróneo, en territorio donde diversidade de animais se alimentan. Non maquillan ó pirómano que incendia unha fraga como un ser que obriga ós animais a liscar do monte, maquíllano como unha persoa trastornada que causa problemas medio ambientais pero que o peor de todo é a pérdida económica na madeira queimada. E falando de monte queimado, cómpre dicir que algúns cazadores teñen queimado monte para usalo tempo despois como territorio de caza que, por sorte, xa está prohibido cazar en terreo queimado, prohibición que dubidoo  respeten os “deportistas” capaces de abandoar ou maltratar o seu can de caza.

Sexa como for, a culpa sempre recae sobre o xabaril e non sobre o soinamoinas humán. Esta é a superioridade intelectual do ser humán frente o resto de animais, unha superioridade noxenta donde se precisa atribuir as culpas de estos problemas a un animal que en teoría só actúa por instinto e non razoa como nós, en vez de asumir nós a culpa que temos en por exemplo, ser animais que levamos décadas arrasando os recursos do planeta. O día en que poidamos cruzarnos cun xabaril a 33 metros e non intentemos matalo nin sintamos a necesidade de liscar lonxe, non só será o día en que él tampouco nos teña medo e non ataque, será o día en que vivamos coa terra e non en contra de ela.

Fermoso o Estado español, donde as touradas son cultura, a caza un deporte e maltratar a un animal unha actividade saudábel do macho ibérico.

A importancia do xabaril na cultura celto atlántica e celto continental.

Os devanceiros celtas, curiosamente, crían que ás veces os deuses adoptaban a forma de xabaril para liscar dos seus perseghuidores ou para acabar con eles.

O xabaril continúa a simbolizar un animal bravo e esnaquizador, pero, documentado está que deica a Idade Media o xabaril continuaba a ser para os celtas un animal que tamén simboliza astucia e que era admirado. Non é por acaso que sexan un xabaril e un oso os animais que sosteñan o sepulcro de Fernán Pérez de Andrade na eirexa de Santo Francisco en Betanzos. O xabaril e o oso eran animais simbólicos para a familia Andrade; animais totémicos, de gran relevo na cultura celta.

Sepulcro de Fernán Pérez de Andrade -1926/1997- na eirexa de Santo Francisco en Betanzos.
Sepulcro de Fernán Pérez de Andrade na eirexa de Santo Francisco en Betanzos.

Un dos xabarís famosos para os devanceiros era Torc Triath. Torc Triath era Rei dos xabarís e propiedade da Deusa celta Brighit. Torc Triath é mencionado nas lendas artúricas de Mabinogion, tamén é mencionado no famoso Leabhar Ghabhála Érenn.

A Deusa celta Arduina é representada cun coitelo na mán e montada ó ghallope sobre un xabaril.

En Euffigneix, no oriente da actual Francia, antergo oriente da Ghalia céltica, unha escultura prerromana amosa a un celta coa imaxe dun xabaril cruzando o seu torso.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off