off
Livros, Pensamento, Política — 19 Outubro, 2015 at 6:34 a.m.

Manuel Monge presenta o seu libro “Indecencia e corruptelas” ás 19,30 horas, no Ateneo Ferrolán

by

O Ateneo Ferrolán acollera esta segunda-feira, 19 de outubro, a presentación de “Indecencia e corruptelas”,ensaio do mestre  e sociólogo Manuel Monge.


Publicado pola editora Corsárias e con limiar de Manuel Rivas, o ensaio alicerza nas causas da derrota electoral da esquerda é o seu desarme ideolóxico. “Non soubo ou non puido difundir os argumentos e ideas para desmontar o discurso reaccionario da dereita que, por outra parte, ten unha importante cobertura en moitos medios de comunicación. Este é un libro de combate, unha modesta contribución a ese rearme ideolóxico e político, unha ferramenta para aumentar a indignación e potenciar a organización e a mobilización cívica” afirma o autor.

Manuel Monge alicerza a súa reflexión na xeira de autores como Hessel, Ziegler,  Sampedro, Stiglitz ou Piketty este libro. Mensaxes de ruptura coa situación económica, política e social actual e coas ideas dominantes que “a pesar das políticas neoliberais e dos recortes sociais e do reforzamento docentralismo, dos triunfos electorais de Rajoy e Feijóo, aquí estamos; nin desanimados, nin dobregados, nin domesticados, nin derrotados. Hai moitos motivos para a esperanza e a loita continúa. Non podemos quedarnos na indignación, hai que pasar á acción, presentar alternativas, organizarse, mobilizarse e ocupar as rúas”,afirma.

 

Manuel Monge González (Valladolid, 1947) mestre, sociólogo e ensaísta galego.Concelleiro do BNG na Coruña de 2003 a 2007 e presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña até 2011. Na actualidade é secretario do club de opinión Foro Cívico. Colabora con artigos de opinión en diversos medios de comunicación.É autor de Autovías galegas. Crónica dunha farsa (1999); A Coruña de Paco Vázquez (2003); Outra Coruña é posíbel (2007); A historia secuestrada polo franquismo (2010); O “camarada Fraga” e as vítimas da represión franquista (2014); Perdemos o tren. As claves políticas do atraso (2014); O poder na Coruña. De Vázquez a Negreira (2015).

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off