off
Economía, Globalização, Política, Politica internacional — 16 Outubro, 2015 at 9:14 a.m.

A CIG convoca concentracións contra o TTIP mañá sábado, 17 de outubro

by

En varias cidades do país. No caso da comarca de Ferrolterra, celebraráse ás 12 h. na Praza Himno Galego, en Ferrol.


 

ttip-eu-komission-infografiken_englisch_722px_8
Corporate Europe Observatory (CC BY-NC-SA 3.0)

Trátase de manifestar a oposición do pobo galego aos acordos da Unión Europea con Canadá (CETA, xa aprobado) e cos Estados Unidos (TTIP, en proceso de negociación).

Os grupos de presión empresariais participan na elaboración da posición da UE no TTIP mantendo ‘incómodos’ sindicalistas e  outros grupos de interés público á marxe. Segundo este Observatorio, ningún sector presionou tanto a Comisión Europea que o sector agroindustrial, transnacionais de alimentos, agro-comerciantes e  productores de sementes tiveron máis contactos co departamento comercial da Comisión (DG Comercio) que os grupos de presión da industria farmacéutica, química, industria financiera e o automobil en conxunto. Galiza  terá terá moito máis limitada a súa capacidade de intervención na economía e na sociedade, agravando aínda máis a nosa dependencia de Madrid e Bruxelas

Do Corporate Europe Observatory debullanse algunhas derivadas, para alén da evidencia de que:

Non son tratados comerciais, senón unha coartada para eliminar calquera impedimento aos investimentos das empresas transnacionais, suprimindo os controis e as condicións derivados das lexislacións nacionais/estatais. 

 Entrarán en vigor con cláusulas secretas. Algunhas addendas, cláusulas e anexos, non poderán ser divulgados ata 10, 15 ou 25 anos despois da súa aprobación e aplicación.

 Reducen a soberanía nacional, supeditándoa aos intereses económicos dos grupos empresariais. Son profundamente antidemocráticos.

Desregulamentan as relacións laborais por seren un impedimento para a obtención de beneficios. De igual xeito, revisaranse á baixa as lexislacións de protección da natureza, control de agrotóxicos, seguridade alimentar, produtos médico-farmacéuticos, cultivo de transxénicos, utilización de hormonas na alimentación animal…

A privatización será practicamente total. Todas as actividades industriais , comerciais e de servizos entran no catálogo de actividades a privatizar. Só tres excepcións: control de fronteiras, control do espazo aéreo e aparello xudicial.

 

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off