off
Contos, Fin de semana, Lendas, Música — 15 Outubro, 2015 at 4:54 p.m.

“Historias de vida, guerra , amor e case morte” con Daboapipa

by
A novísima compañía teatral Daboapipa presentará mañá na praza do Concello de Cedeira, unha sesión de contacontos e música con “Historias de vida, guerra , amor e case morte”. Unha  proposta a medio camiño entre a narración oral e o teatro con música ao vivo na que Vero Rilo e Santi Prieto fan un percorrido pola nosa historia cotiá máis próxima e popular a través dos contos, de cancións populares e de instrumentos tradicionais como o acordeón.
Ao longo de varias historias recollidas de experiencias reais, Daboapipa cóntanos historias dos nosos maiores que reflicten dun xeito agarimoso e divertido a realidade na que vivían. Historias de amor, de emigración, de reclusión, guerra e amor contadas dende a tenrura e a emoción nunha proposta que arranca bagoas, lembranzas e sorrisos. Unha interesante proposta para encetar o fin de semana en compaña  inter-xeracional e adulta.
Historias de vida, guerra , amor e case morte

 

 

Ficha Artística: Conta e canta: Vero Rilo Música: Santi Prieto Textos: Vero Rilo Duración: 45 minutos Público: Adulto Técnica Teatral: Narración Oral, Música e Teatro

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off